Home A Coruña A auga de Cariño e A Pedra, de novo “apta para o...

A auga de Cariño e A Pedra, de novo “apta para o consumo” tras o purgado de tubaxes

- Anuncio -

• O Concello levantou onte a restrición que se iniciou en marzo, despois de recibir os bos resultados da toma da gasolineira e contactar con Sanidade

• A purificación do circuíto conduciu a rebaixar os valores de trihalometanos a mínimos históricos

As parroquias de Cariño e A Pedra poden consumir auga con normalidade da rede de abastecemento de novo. O goberno local levantou durante a tarde de onte, luns 1 de abril, a restrición que se iniciou en marzo. Por aquel entón, as análises periódicas da traída que nace na Estación de Tratamento de Auga Potable de Ou Castro (ETAP) detectaron un valor de trihalometanos na toma da gasolineira que facía non recomendable o seu consumo.

Ante esa situación, e seguindo sempre os protocolos sanitarios, o Concello de Cariño formalizou unha restrición do consumo e, á vez, iniciou unha serie de actuacións para incidir na mellora da composición do líquido. Por unha banda, o equipo de goberno liderado por Ana María López instou á empresa adxudicataria da reforma da ETAP de Ou Castro que “axilizase” a intervención. Por outro, realizouse un purgado da rede a pedimento dos técnicos municipais, xa que existía a sospeita de que un dos cóbados do circuíto podía ter acumulados trihalometanos.
“Máis aló de impulsar cun custo mínimo para as arcas municipais a obra de mellora da depuradora, que necesitaba un importante labor de renovado, non quedamos esperando. Apostamos por realizar tamén labores de mantemento no circuíto como este purgado. E deu resultado”, destaca a alcaldesa, Ana López.

Neste sentido, a última mostra para a súa análise, recollida pola empresa especializada o 22 de marzo, lanzou uns valores de trihalometanos que permiten que as parroquias de Cariño e A Pedra poidan volver consumir auga da traída municipal. O Concello de Cariño recibiu os resultados durante a semana pasada, pero o contexto de acumulación de días non lectivos pola Semana Santa fixo imposible que puidese xestionar con Sanidade o fin da prohibición.

Deste xeito, onte luns o Concello informou á autoridade sanitaria e deu de novo luz verde á posibilidade de consumir auga da rede municipal nestas dúas parroquias. “Actuamos sempre segundo os protocolos establecidos. As analíticas teñen unha lóxica científica e, por iso mesmo, non podemos coñecer os resultados das mostras de inmediato. Entendemos a impaciencia da xente, pero non imos saltarnos ningún paso para colgarnos ‘medallas’. Só unha vez púidose contactar con Sanidade e informouse dos bos resultados anunciamos que a estado da auga volve ser de ‘apta para o consumo’”, explica a rexedora.
A alcaldesa tamén pon en valor o bo ollo dos técnicos á hora de recomendar actuacións e a vontade prioritaria do seu equipo de goberno por acabar cun problema “herdado” e de longo percorrido no municipio debido aos condicionantes xeolóxicos e ao escaso mantemento previo das instalacións. “Segundo o persoal municipal técnico, os valores de trihalometanos alcanzaron uns mínimos históricos. Algo que, con case total probabilidade, ten que ver con estas actuacións de mantemento intensivo da rede municipal”, finaliza López.

Relacionadas

Inés Rey destaca o traballo das máis de 350 nenas e nenos que expuxeron...

0
Durante esta tarde de venres as persoas participantes nesta edición amosáronlle á cidadanía na praza de María Pita os seus proxectos A alcaldesa, Inés Rey,...

Paderne celebra a súa memoria viva con máis de 200 maiores

0
 O goberno local homenaxeou á veciñanza máis veterana do municipio na Festa dos Maiores, un día con misa, un pleno simbólico e comida...

Neda pretende contar con catro áreas infantís dentro da Rede galega de parques sen...

0
A localidade foi unha das primeiras en sumarse a esta iniciativa autonómica de concienciación No Día Mundial sen Tabaco, o Concello Neda avanza a intención...

En marcha a campaña municipal de desbroce na rede viaria

0
Invístense 140.000 euros para actuar en 300 km de estradas, 83 km de camiños forestais e 32 hectáreas de terreos. O Concello iniciou a campaña...

O Concello obtén o Ciclo Medio en Carrozaría para o IES Eduardo Pondal e...

0
 A formación comezará a impartirse xa no vindeiro curso 2024-2025 e contará con 22 prazas  “As conversas coa Xefatura Territorial de Educación deron...

O PSdeG e as XSG presentan emendas ao regulamento do Consello Municipal de Mocidade...

0
Propoñen a creación dunha Comisión Executiva “real” e un pleno con representación da mocidade e con capacidades propias, incluíndo a participación no orzamento do...

Publicacións Relacionadas