Home Deputacións Deputación Pontevedra Jorge Cubela pon en valor a Finca Mouriscade na xornada organizada por...

Jorge Cubela pon en valor a Finca Mouriscade na xornada organizada por AFRICOR nas instalacións da Deputación en Lalín

- Anuncio -

O deputado provincial de Reto Demográfico e Desenvolvemento Rural, Jorge Cubela, participou hoxe na clausura da xornada organizada pola asociación de gandeiros AFRICOR na Finca Mouriscade, en Lalín. O deputado sinalou o compromiso do goberno da Deputación de Pontevedra co sector primario e rural, “un dos nosos distintivos e grandes valores como motor para o desenvolvemento económico do noso territorio, da man da innovación tecnolóxica e o respecto ao medio”.

O deputado puxo en valor o “boísimo momento” que está a vivir a Finca Mouriscade, propiedade da institución provincial, como “quinta mellor granxa de España en calidade xenética, pechando 2023 como o ano no que se venderon máis embrións en toda a súa historia, ou abrindo a finca á cidadanía cun programa de visitas guiadas”. Ademais, Jorge Cubela lembrou a importancia de avanzar no reto demográfico para facer que a gandaría “sexa un sector atractivo para as novas xeracións, implicando a mocidade no rural para facerlles ver que aquí hai futuro e que os precisamos para facerlle fronte ao despoboamento”.

Relacionadas

A Deputación investirá preto de 400.000 euros na mellora da pavimentación e o acceso...

0
O Concello de Rodeiro tamén recibirá una illa ecolóxica de reciclaxe enmarcada no programa “Da túa man (rural)” financiado con fondos europeos A Deputación de...

Orgullo Pontevedra 2024, unha semana chea de actividades para reivindicar os dereitos LGBTIQA+

0
Comezarán o día 19 de xuño coa colocación da faixa multicolor no balcón da Casa Consistorial, e  continuarán dende o 23 ao 29 de...

O Concello ratifica que se manteñen as prazas para aparcar en toda a beirarrúa...

0
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, entende “a confusión da cidadanía pola nova anchura da beirarrúa, pero nese lado non se suprimen as prazas,...

Celébrase a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho

0
Este xuño, Marín celebra a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho, querendo achegar aos padais dos máis apaixonados da gastronomía a través...

Luis López reforzará a cooperación entre a Deputación e Xunta nun encontro institucional co...

0
O presidente provincial recorda colaboracións como as de Santa Clara ou o Cine Fraga de Vigo para remarcar a “sintonía” e “compromiso” polo progreso...

Luis López sinala a obra da Praza de Barcelos como exemplo do impulso da...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, destacou a importancia da colaboración co Concello para sacar adiante proxectos estratéxicos durante unha visita á...

Publicacións Relacionadas