Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López anuncia un investimento de 1,5 millóns de euros en tres...

Luis López anuncia un investimento de 1,5 millóns de euros en tres anos no Castelo de Sobroso para realzar unha xoia patrimonial e un atractivo turístico de primeira

- Anuncio -

O presidente provincial, acompañado pola deputada de Turismo, Nava Castro, detallou o contido dun plan que contempla a renaturalización da contorna, o deseño de novas rutas de sendeirismo, a recuperación do auditorio ou a organización dun gran evento anual

“Unha nova mostra da aposta da Deputación pola consolidación dun destino turístico sustentable e desestacionalizado, do coidado do noso patrimonio cultural e do compromiso cos concellos mobilizando fondos para atraer visitantes”, afirmou Luis López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de presentar este mércores o novo Plan Director do Parque do Castelo de Sobroso. Unha folla de ruta que recolle o investimento por parte do goberno provincial de 1,5 millóns de euros ao longo dos tres vindeiros anos co obxectivo de enriquecer a experiencia dos visitantes, mellorar e ampliar os servizos e consolidar o castelo de Sobroso e a súa contorna natural como un dos grandes atractivos turísticos da provincia. “Unha nova mostra da aposta desta Deputación pola consolidación dun destino turístico sustentable e desestacionalizado, do coidado do noso patrimonio cultural e histórico e do compromiso cos concellos mobilizando fondos para atraer visitantes”, explicou o mandatario provincial o que supón a aprobación deste novo plan e este investimento millonario para o Concello de Mondariz, a comarca do Condado e o conxunto da provincia.

Despois de poñer en valor o traballo dos traballadores do servizo de Turismo Rías Baixas e da deputada responsable desta área, Nava Castro, quen tamén estivo presente na presentación deste plan, o presidente da Deputación detallou polo miúdo algunhas das melloras que recolle o documento, que contou coa aportación de profesionais e colectivos relacionados co castelo para a súa elaboración. “É un proxecto que potenciará os atractivos turísticos desta fortaleza adaptándoa aos novos tempos e un plan de turismo sustentable, desestacionalizado e que potencia os tesouros do interior da nosa provincia”, sinalou o dirixente.

Por un lado, haberá unha intervención para renaturalizar e reordenar a contorna natural do castelo con especies autóctonas deseñando zonas diferenciadas, accesibles, sinalizadas e cunha iluminación adaptada; destinadas a especies botánicas, a ocio familiar, a actividades e talleres e á fauna propia deste lugar. Por outro lado, potenciaranse e deseñaranse catro novas rutas de sendeirismo encamiñadas a poñer en valor o patrimonio arqueolóxico, inmaterial, cultural e histórico de Sobroso. Do mesmo xeito, porase en marcha unha aula de natureza para recibir excursións escolares e de turistas da man de educadores ambientais que divulgarán a riqueza natural deste enclave.

Celebración dun gran evento anual
Un dos grandes atractivos deste plan pasa pola creación dun espazo para espectáculos e actividades culturais a través da recuperación do auditorio e escenario existentes para organizar concertos musicais, teatro, danza, recitais de poesía, teatro de títeres, espectáculos de circo ou cine ao aire libre. Neste punto, encaixa tamén o obxectivo de organizar un gran evento anual ligado á cultura.

Do mesmo xeito, está prevista a execución doutras accións como a mellora do museo do interior do castelo ou o deseño dun plan de comunicación para divulgar entre a poboación local e os turistas o seu valor histórico cultural e natural.

100 % Rías Baixas tamén por Semana Santa
“O Castelo de Sobroso é especial porque é un vestixio da nosa historia e do Reino de Galicia, porque ten unha riqueza paisaxística e natural sen igual e porque está no interior da provincia para recordarnos que temos unha provincia chea de tesouros que paga a pena descubrir”, destacou Luis López antes de situar este castelo e o seu parque como unha referencia para un turismo desestacionalizado e unha alternativa interesante ás propostas de sol e praia. “Aínda que chova como hoxe, aínda que non sexa verán, aínda que non vaiamos a praia, sempre hai unha experiencia 100 % Rías Baixas para desfrutar”, asegurou o presidente da Deputación, quen animou a visitar a provincia nesta Semana Santa para desfrutar do termalismo no balneario de Mondariz, da cultura e natureza no parque do Castelo de Sobroso ou das procesión de Semana Santa de concellos próximos como os de Baiona ou A Guarda.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas