Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López salienta que o +Provincia mobilizará preto de 1 millón de...

Luis López salienta que o +Provincia mobilizará preto de 1 millón de € para que cinco concellos impulsen novos investimentos e contraten a 24 persoas

- Anuncio -

Os novos recursos beneficiarán aos concellos de Baiona, Barro, Cambados, A Estrada e Mondariz

A Deputación acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar 950.000 euros para que 5 concellos da provincia impulsen novos investimentos e contraten a 24 persoas ao abeiro da liña 1 de investimentos e da liña 3 de activación de emprego do Plan +Provincia. En concreto, benefícianse destes recursos Baiona, A Estrada, Mondariz, Barro e Cambados. Con estas novas achegas, como explicou o presidente provincial, Luis López, son xa máis de 14 millóns os aprobados ao longo deste ano ao abeiro deste plan para os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes. Un “programa de obras e servizos histórico da Deputación” para o que os concellos aínda poden presentar solicitudes ata este xoves 4 de abril.

No caso da liña 3, de activación de emprego, o presidente provincial informou de que se aprobaron 295.000 euros para a contratación de 24 persoas desempregadas nos concellos de Barro e Cambados. En concreto, Cambados recibirá 200.054 € para contratar 17 traballadores como varredores (6), operarios de mantemento de instalacións (2), limpadores (2), administrativos (2), técnico de medio ambiente e xestión de residuos (1), oficial de residuos (1), oficial de cultura (1), conserxe (1) e laceiro (1). Pola súa banda, Barro contará con 94.879 € para contratar 7 traballadores que desempeñen os postos de peóns de parques e xardíns (4), peón de transportes (1), condutor (1) e monitor sociocultural (1).

No marco da liña 1, de investimentos, a Xunta de Goberno aprobou máis de 650.000 euros para tres concellos: 246.590 € para Baiona, 334.528 € para A Estrada e 73.485 € para Mondariz. Trátase nos tres casos de proxectos financiados ao 100% con fondos da Deputación, grazas a aportacións do Plan +Provincia e doutras liñas provinciais de axudas.

Proxectos financiados ao 100% pola Deputación
Nesta Xunta de Goberno aprobouse destinar case 455.000 euros á Estrada: 334.000 do Plan +Provincia e 120.000 do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, cos que o goberno local poderá financiar o 100% da actuación de mellora das piscinas municipais da vila. En concreto, rehabilitarase o vaso máis grande, instalaranse accesorios, fontanería e un equipo de depuración da auga, renovaranse o cadro eléctrico e os equipos de tratamento de auga e construirase un local técnico.

No caso de Baiona, tal e como informou o presidente provincial, son 327.000 euros os recursos provinciais aprobados nesta Xunta de Goberno: 246.000 € do +Provincia e 81.000 € do Plan Extraordinario de Infraestruturas Provinciais, cos que o concello poderá sufragar o 100% da reforma do campo de fútbol do Aral. Trátase dunha instalación deportiva que leva 20 anos aberta e precisa reparar os elementos deteriorados, ademais de adaptala ás necesidades dos seus usuarios. En concreto, reformaranse os vestiarios para xerar catro accesibles, así como renovarase a fontanería e o saneamento. Ademais, repararase a cuberta da grada norte e instalarase unha viseira para reducir os cegamentos e o impactos do vento, ademais de crearse unha cuberta na grada sur. Finalmente, mellorarase a iluminación pasando de catro a oito luminarias e se substituirá o peche perimetral actual.

Por último, Mondariz contará con 475.000 euros que proveñen do Plan PON2030 (máis de 400.000 €) e do Plan +Provincia (73.000 €) para reformar o campo de fútbol da Lagoa na vila. Neste caso a Deputación de Pontevedra tamén sufraga o 100% da obra que permitirá ademais crear unha zona de deportes na zona norte do complexo deportivo, substituír o pavimento, crear novas pistas deportivas, urbanizar a contorna, crear un espazo para aulas deportivas e almacéns e subministrar novos paneis fotovoltaicos.

Relacionadas

Luis Menor visita diversas accións e obras realizadas en Leiro a través do Plan...

0
Tal e como sinalou o presidente provincial, o Concello de Leiro recibirá máis de 700.000 euros a través do Plan de Cooperación, “que con...

A Deputación de Ourense estrea nova páxina web, facilitando unha relación mais directa coa...

0
A nova páxina é máis visual, con acceso áxil ás diversas seccións e ofrecendo diferentes opcións de navegación como uns menús superior e inferior...

O BNG pide inspeccións e unha ordenanza que regule o avance descontrolado dos pisos...

0
A fronte nacionalista esixe que o Goberno local actúe dunha vez para frear esta “ameaza ultraespeculativa”, un dos principais obstáculos para acceder a unha...

A Deputación abre a partir deste mércores o período voluntario de pago de taxas...

0
O ORAL encargarase da xestión e recadación dun total de 60 conceptos de taxas de 30 concellos da provincia, que se poderán pagar en...

A Deputación converte a creación contemporánea e a reivindicación de figuras e iniciativas culturais...

0
Rafa Domínguez: “A programación está marcada pola recuperación da Bienal, un acontecemento moi importante desde o punto de vista artístico, cultural e turístico” Xunto á...

A Deputación presenta ante centos de persoas en Moraña e A Lama os programas...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, reuniuse co movemento asociativo e veciñal de Moraña e A Lama para dar a coñecer as...

Publicacións Relacionadas