Home Vigo Mos Mos concilia ao grande

Mos concilia ao grande

- Anuncio -

Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de Política Social e Igualdade

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Igualdade Leo Costas, e as edía mosenses de Política Social e Educación, Sara Cebreiro e Julia Loureiro, respectivamente; informaron de que o Concello de Mos vén de recibir a boa nova de que será un dos únicos 5 municipios de Galicia aos que a Consellería de Política Social e Igualdade apoia ecnómicamente nos seus ambiciosos programas de apoio á conciliación con máis de 130.000 euros.

Así a Xunta de Galicia concédelle a esta entidade local unha axuda de 135.000 euros para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, parcialmente cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021- 2027; a través do fomento da conciliación da vida familiar, laboral e persoal. A conciliación está presente na acción de goberno e nos instrumentos de planificación da Xunta de Galicia, e no Plan estratéxico de Galicia 2022-2030.

Con elo preténdese aca­dar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, impulsando unha maior e mellor participación das mulleres en todos os ámbitos sociais e profesionais e nos procesos de toma de decisións, contando entre as súas liñas de accións principais as destinadas a eli­minar a discriminación por razón de sexo e favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, á vez que se promove un modelo de sociedade corresponsable en que homes e mulleres compartan de maneira equilibrada as responsabilidades domésticas e familiares e realicen un uso equitativo dos tempos e das medidas de conciliación, entre outras.

Con este mesmo obxectivo nace o programa mosense de apoio á conciliación, SoMOS Conciliación 2024. No marco deste Plan e coa axuda económica da Xunta levaranse a cabo varios programas. Por unha banda un plan de apoio á conciliación familiar, coa gratuidade dos servizos nos campamentos de aula madruga, e comedor; e monitorado para menores con necesidades de apoio nos campamentos infantís, realización de actividades de conciliación e lecer diversas, subvención da actividade extraescolar de inglés, etc. E por outra banda un plan de formación e sensibilización á corresponsabilidade familiar, con xornadas divulgativas, unha escola de nais e pais, actividades sobre a diversidade familiar e os novos roles nas familias, yincanas de corresponsabilidade etc.

Os obxectivos do programa apoio á conciliación familiar do Concello de Mos SoMOS Conciliación son: Xerar recursos que faciliten a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. Sensibilizar á poboación na corresponsabilidade dos coidados. Visibilizar a carga mental das mulleres. Asumir, como entidade local, os servizos de conciliación de apoio ás familias, como recurso administrativo máis próximo á poboación. Implicar ás familias para desenvolver coidados corresponsables no fogar. Dotar ás familias de ferramentas para educar en igualdade. Promover a perspectiva de xénero. Crear novos espazos nos que falar e compartir ideas sobre as diferentes familias. Mostrar novas formas de relacionarse en familia. Implicar as familias en desenvolver fogares corresponsables. Visibilizar a carga mental das mulleres. Poñer en valor a importancia da formación en intelixencia emocional. Formar aos homes sobre o papel que teñen na conciliación e como deben asumir a corresponsabilidade.

Este Programa de Apoio a Conciliación SOMOS CONCILIACIÓN 2024, inclúe as seguintes actividades: Inglés. Xadrez. Faladoiros pola corresponsabilidade. Xornadas de Conciliación Coñece Mos. III Xornadas Muller e Traballo. Escolas de Familia. Acompañamento Psicosocial – Somos corresponsables. Escola de Igualdade Veciñal. Xornada de Ocio en Familia, coñece a nosa contorna. Contacontos pola Igualdade. Xincanas de corresponsabilidade familiar. Campamentos Mañás de Verán. Campamento Multiaventura. Campamentos Deportivos.

As persoas destinatarias de todas as accións e medidas de conciliación e corresponsabilidade, son as familias, especialmente aquelas que teñen fillos e fillas menores de 16 anos, do noso municipio.

Mos e a conciliación: soMOS conciliación

A través do Centro de Información á Muller e da Concellería de Educación, o Concello de Mos, leva varios anos organizando para as familias, xornadas e sesións formativas sobre conciliación e corresponsabilidade, e apoia a conciliación familiar coa organización de campamentos e obradoiros nos períodos de vacacións escolares (nadal, entroido, semana santa, verán, etc.), colaborando cos os recursos de conciliación que poñen a disposición das familias nos centros educativos as propias Asociacións de Nais e Pais (ANPAS), como son a aula madruga e o comedor e organizando actividades de ocio familiares para darlle as familias do noso municipio a oportunidade de desfrutar de actividades lúdicas en familia.

Os centros educativos de titularidade pública contan, enmarcadas en estas medidas, dun servizo de aula matinal e de comedor, xestionado por empresas privadas a través da contratación que realiza cada unha das ANPA de cada centro educativo.

A través da Concellería de Educación, e en vistas de fomentar e apoiar a conciliación das familias, así como de aliviar a carga económica que o uso destes servizos poidan ocasionar ás familias, ponse a disposición das mesmas unha liña de axudas municipais para estes servizos. Deste xeito, a Concellería de Educación asume o custe das aulas matinais dos centros educativos que non chegan o mínimo de menores participantes que as empresas exixen para o mantemento do servizo, e, no caso do comedor escolar, as familias do noso Concello dispoñen de unha axuda de 2€ menú/día, para axudarlle co custe do servizo de comedor.

Este ano escolar 2023/2024, benefícianse desta axuda económica para o uso do comedor escolar, 89 familias (127 crianzas) dos centros escolares de educación primaria de titularidade pública do Concello de Mos, que cumprían os baremos económicos establecidos nas Bases das axudas, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm.174 do 08 de setembro de 2023.

Ademais disto, organízanse dende fai varios anos no noso Concello actividades como os campamentos de conciliación de Nadal ou no verán, actividades de ocio en familia, excursións para as mesmas, charlas, etc.

Exemplo disto son os campamentos de verán “Mañás de verán”, que se ofertan cada ano, a festa de entroido, excursións como a recentemente realizada este Nadal ao “Barco de Nadal”, ou charlas como as realizadas a principio de curso (coa financiación do Plan Corresponsables SI436A) e outras actividades coas familias3, realizadas o longo de todos estes anos.

Seguindo esta liña, e tendo en conta o obxectivo xeral da liña sexta4 do noso Plan de Igualdade “Mellorar a calidade de vida das mulleres con maiores dificultades de integración social e favorecer a conciliación laboral, familiar e persoal”, dende a Concellaría de Igualdade e o CIM, en colaboración coa Concellería de Educación e Política Social, queremos continuar a liña establecida de apoio as familias no eido da corresponsabilidade, facilitándolle as familias recursos de conciliación de calidade e responsables, así como actividades de sensibilización en corresponsabilidade xo obxectivo de promover a perspectiva de xénero e fomentar a corresponsabilidade no ámbito dos coidados.

Relacionadas

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Publicacións Relacionadas