Home Pontevedra Nove casetas acollerán a variedade vinícola local na Festa do Viño de...

Nove casetas acollerán a variedade vinícola local na Festa do Viño de Vilaboa

- Anuncio -

A degustación de caldos de adegueiros e colleiteiros complétase cunha variada oferta gastronómica á que o domingo 12 de maio se sumará a ostra de Arcade

Dúas adegas da IXP Ribeiras do Morrazo e sete colleiteiros converteranse durante os días 11 e 12 de maio no escarapate da variedade e calidade dos caldos elaborados en Vilaboa no marco da XI edición da Festa do Viño. Durante estas dúas xornadas as persoas que se acheguen ata Riomaior poderán degustar as diferentes variedades colleitadas e elaboradas na contorna de Vilaboa a prezos populares.

A Festa contará tamén cun apartado técnico, coa celebración dunha cata diferenciada para adegueiros e colleiteiros na que se valorará a calidade dos viños participantes.

A promoción dos caldos locais está acompañada nesta edición con catro stands máis que facilitarán aos visitantes a opción de xantar o cear na carpa ou no seu exterior, no parque de Riomaior. Para facelo posible ofertarase churrasco e polbo durante os dous días, así como un stand doce e cafés e refrescos  a cargo do bar O Toxo. Na xornada do domingo a Festa do Viño convida a un ostreiro de Arcade que amosará en directo a súa técnica para a apertura das ostras e máis ofrecerá a posibilidade de degustalas a prezos populares.

A música ten un apartado especial no programa coa actuación de Treixadura o sábado 11 de maio a partir das 22 horas e cun concerto da Banda da Escola de Música de Vilaboa o domingo ás 12.30 horas, xornada na que tamén haberá inclabes e actividades para os máis pequenos.

Nesta XI edición a Festa do Viño recupera a figura do pregoeiro, solapada o ano pasado polo recoñecemento aos alcaldes fundadores e impulsores deste evento, que recaerá no xornalista deportivo residente en A Cardiña, Oswaldo García.

Tanto César Poza, alcalde de Vilaboa, como Carmen Gallego, concelleira de Dinamización Económica, animan á veciñanza a asistir à Festa, a degustar os viños locais e máis a gozar dunha xornada diferente nun entorno natural singular “poñendo em valor a calidade dos nosos caldos e da nosa gastronomía”.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas