Home Pontevedra Baixo Miño O Concello de Oia continúa coa súa aposta pola compostaxe doméstica

O Concello de Oia continúa coa súa aposta pola compostaxe doméstica

- Anuncio -

O Concello de Oia continúa coa súa aposta pola compostaxe doméstica, unha práctica que resulta clave para reducir a xeración de residuos no municipio e, polo tanto, poder diminuír o impacto ambiental.

Os residuos orgánicos representan practicamente o 50% da bolsa do lixo das galegas e galegos. Coa práctica da compostaxe lógrase un descenso da pegada de carbono xerada polos residuos, ao mesmo tempo que, facendo uso do material xerado nos composteiros, cada casa pode obter un excelente abono dun xeito moi sinxelo.

Dentro do seu programa de compostaxe doméstica, o Concello de Oia anima a toda a veciñanza que dispoña dun pequeno terreo a autoxestionar os seus residuos orgánicos. Así, vén organizando accións de reparto de composteiros para que a veciñanza poda instalalos nas súas casas. Xunto coa entrega do composteiro, a campaña inclúe materiais e asesoramento gratuíto.

Para conseguir un composteiro doméstico simplemente hai que inscribirse a través no enlace https://oia.rsu.gal/ Para máis información pódese consultar presencialmente no Concello, chamar ao teléfono 647.521.464 ou ben enviar un correo electrónico a residuos@concellodeoia.es

Esta iniciativa conta co financiamento da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Relacionadas

A Deputación investirá preto de 400.000 euros na mellora da pavimentación e o acceso...

0
O Concello de Rodeiro tamén recibirá una illa ecolóxica de reciclaxe enmarcada no programa “Da túa man (rural)” financiado con fondos europeos A Deputación de...

Orgullo Pontevedra 2024, unha semana chea de actividades para reivindicar os dereitos LGBTIQA+

0
Comezarán o día 19 de xuño coa colocación da faixa multicolor no balcón da Casa Consistorial, e  continuarán dende o 23 ao 29 de...

O Concello ratifica que se manteñen as prazas para aparcar en toda a beirarrúa...

0
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, entende “a confusión da cidadanía pola nova anchura da beirarrúa, pero nese lado non se suprimen as prazas,...

Celébrase a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho

0
Este xuño, Marín celebra a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho, querendo achegar aos padais dos máis apaixonados da gastronomía a través...

Luis López reforzará a cooperación entre a Deputación e Xunta nun encontro institucional co...

0
O presidente provincial recorda colaboracións como as de Santa Clara ou o Cine Fraga de Vigo para remarcar a “sintonía” e “compromiso” polo progreso...

Luis López sinala a obra da Praza de Barcelos como exemplo do impulso da...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, destacou a importancia da colaboración co Concello para sacar adiante proxectos estratéxicos durante unha visita á...

Publicacións Relacionadas