Home A Coruña Paderne debate mañá en pleno uns orzamentos de 2,2 millóns con incrementos...

Paderne debate mañá en pleno uns orzamentos de 2,2 millóns con incrementos en Servizos Sociais, estradas ou saneamento

- Anuncio -

 Tras a confección das contas por parte do equipo de goberno e a apertura da quenda de diálogo, o Salón de Plenos da Casa Consistorial acolle a sesión extraordinaria a partires das 20:00 horas

 Existen aumentos de ata o 268% en cuestións como a auga e o saneamento, o que demostra que se tratan duns orzamentos “que non pertencen a un partido político, senón que están pensados para toda a veciñanza”

O Concello de Paderne debate mañá, venres 10 de maio, a partires das 20:00 horas os orzamentos municipais deste ano 2024. Farao nunha sesión extraordinaria no Salón de Plenos aberta, como sempre, á veciñanza. Todo tras a confección das contas por parte do equipo de goberno e a apertura da quenda de diálogo co resto de formacións políticas con representación.

O executivo local construíu uns orzamentos que prevén uns ingresos e uns gastos de 2.286.729,62 euros. Deste total, case 460.000 euros corresponden de xeito exclusivo a asistencia social primaria. Así, a planificación do executivo local potenciou incrementos como os 30.000 euros a maiores para o Servizos de Axuda no Fogar, que chega aos 300.000 euros.

Esta partida englóbase nos Servizos Públicos Básicos, aos que se destinan uns fondos de máis de 880.000 euros, o que supón case o 40% do orzamento total. “Queda claro o seu matiz social, que pon no centro as necesidades da nosa veciñanza”, apunta o goberno.

As cantidades destinadas a Servizos Sociais e Educación aumentan un 13% con respecto aos últimos orzamentos. Ademais, os investimentos en estradas e camiños elévanse un 65%, mentres que as partidas para auga e saneamento gozan dun “potentísimo” incremento do 268%.
Deste xeito, o gasto en investimento por habitante ascende a 939 euros, unha cifra que demostra “que non son uns orzamentos que pertencen a un partido político, senón que están feitos e pensados para satisfacer a toda a veciñanza de Paderne”.

Relacionadas

Inés Rey destaca o traballo das máis de 350 nenas e nenos que expuxeron...

0
Durante esta tarde de venres as persoas participantes nesta edición amosáronlle á cidadanía na praza de María Pita os seus proxectos A alcaldesa, Inés Rey,...

Paderne celebra a súa memoria viva con máis de 200 maiores

0
 O goberno local homenaxeou á veciñanza máis veterana do municipio na Festa dos Maiores, un día con misa, un pleno simbólico e comida...

Neda pretende contar con catro áreas infantís dentro da Rede galega de parques sen...

0
A localidade foi unha das primeiras en sumarse a esta iniciativa autonómica de concienciación No Día Mundial sen Tabaco, o Concello Neda avanza a intención...

En marcha a campaña municipal de desbroce na rede viaria

0
Invístense 140.000 euros para actuar en 300 km de estradas, 83 km de camiños forestais e 32 hectáreas de terreos. O Concello iniciou a campaña...

O Concello obtén o Ciclo Medio en Carrozaría para o IES Eduardo Pondal e...

0
 A formación comezará a impartirse xa no vindeiro curso 2024-2025 e contará con 22 prazas  “As conversas coa Xefatura Territorial de Educación deron...

O PSdeG e as XSG presentan emendas ao regulamento do Consello Municipal de Mocidade...

0
Propoñen a creación dunha Comisión Executiva “real” e un pleno con representación da mocidade e con capacidades propias, incluíndo a participación no orzamento do...

Publicacións Relacionadas