Home O Condado As Neves San Nomedio quere seguir libre de eólicos

San Nomedio quere seguir libre de eólicos

- Anuncio -

As Comunidades de Montes afectadas polo proxecto reuníronse esta semana e mostran a súa total oposición

Nas últimas semanas algunhas comunidades e tamén propietarios particulares da zona foron contactados telefonicamente ou tamén nunha visita aos barrios. Unha empresa de servizos topográficos pedíulles a actualización dos datos da propiedade de certos terreos, o que tería que ver co posible impulso do parque eólico nomeado “Coto dos Lobos” no monte San Nomedio.

As directivas das Comunidades de Montes de Vilacoba, San Pedro de Batalláns, Taboexa, Rubiós, San Xosé e Santiago de Ribarteme reuníronse esta semana ao coñecer estes contactos, para avaliar a nova situación sobre un proxecto que saíu a luz no ano 2021 cando os concellos recibiron consulta sobre o documento ambiental de inicio. Neste período de consultas as comunidades e o Concello das Neves presentaron alegacións en contra do proxecto que implicaría instalar 7 aeroxeradores de 220 metros de altura na contorna do monte San Nomedio tendo a poboación máis cercana a so 504 metros, cos seus enormes viais de acceso, liñas eléctricas de enterconexión, etc. A afección sería brutal sobre o medio natural, patrimonial, turístico, hídrico, paisaxístico e cultural.

Novamente estas comunidades mostran a súa firme oposición e farán o posible para que este proxecto non se leva adiante.

Relacionadas

A Deputación investirá preto de 400.000 euros na mellora da pavimentación e o acceso...

0
O Concello de Rodeiro tamén recibirá una illa ecolóxica de reciclaxe enmarcada no programa “Da túa man (rural)” financiado con fondos europeos A Deputación de...

Orgullo Pontevedra 2024, unha semana chea de actividades para reivindicar os dereitos LGBTIQA+

0
Comezarán o día 19 de xuño coa colocación da faixa multicolor no balcón da Casa Consistorial, e  continuarán dende o 23 ao 29 de...

O Concello ratifica que se manteñen as prazas para aparcar en toda a beirarrúa...

0
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, entende “a confusión da cidadanía pola nova anchura da beirarrúa, pero nese lado non se suprimen as prazas,...

Celébrase a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho

0
Este xuño, Marín celebra a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho, querendo achegar aos padais dos máis apaixonados da gastronomía a través...

Luis López reforzará a cooperación entre a Deputación e Xunta nun encontro institucional co...

0
O presidente provincial recorda colaboracións como as de Santa Clara ou o Cine Fraga de Vigo para remarcar a “sintonía” e “compromiso” polo progreso...

Luis López sinala a obra da Praza de Barcelos como exemplo do impulso da...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, destacou a importancia da colaboración co Concello para sacar adiante proxectos estratéxicos durante unha visita á...

Publicacións Relacionadas