HomePontevedraO SalnésA Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés lembra que reforzou o servizo de...

A Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés lembra que reforzou o servizo de atención primaria no concello de Sanxenxo durante o presente verán

- Anuncio -spot_img
  • A Administración Sanitaria Pública galega incrementou a dotación con ata catro médicos, persoal de Enfermaría e persoal de servizos xerais -PSX-, rexeitando así as declaracións da ´plataforma SOS Sanidade Pública´ desta localidade
  • A Área Sanitaria desminte e rexeita que se escatime en contratacións, tal e coma se pode amosar co reforzo de diferentes categorías durante o período estival
  • Manténse a cobertura asistencial de Pediatría en todos os centros do servizo de Atención Primaria sanxenxino

A dirección da Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés lembra que o servizo de Atención Primaria do Concello de Sanxenxo reforzouse durante o actual período estival con ata catro médicos, persoal de Enfermaría e persoal de servizos xerais -PSX-, rexeitando así as declaracións da ´plataforma SOS Sanidade Pública´desta localidade.

Ademais o Punto de Atención Continuada que atende á poboación para a cobertura de urxencias extrahospitalarias está reforzado pola Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés de luns a domingo, tendo dous ou tres equipos dispoñibles dependendo da xornada.

Todas as ausencias dos médicos especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria -por motivos diversos, coma vacacións, etc- cóbrense con prolongacións de xornada, dada a inexistencia de profesionais con esta especialidade dispoñibles nas listas de contratación para poder efectuar substitucións.

A dirección da Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés desminte e rexeita que se escatime en contratacións, tal e coma se pode amosar co reforzo de diferentes categorías durante o período estival neste centro de saúde sanxenxino. Ademais, os outros centros pertencentes a este servizo de Atención Primaria como pode ser Vilalonga ou Dena, dispoñen de cobertura médica igualmente.

Cobertura por xubilación en Vilalonga

Concretamente no centro de saúde de Vilalonga, a recente xubilación dun dos seus médicos foi coberta de xeito inmediato por unha nova incorporación dun especialista en Medicina Familiar e Comunitaria procedente de fóra da comunidade autónoma galega.

Finalmente, lembrar que a Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés mantén a cobertura asistencial de Pediatría en todos os centros deste servizo de Atención Primaria sanxenxino.

Publicacións Relacionadas