test
Home Vigo O Porriño A I Liga Xunta de Galicia de Hip Hop decídese no Porriño...

A I Liga Xunta de Galicia de Hip Hop decídese no Porriño este sábado con máis de 500 participantes

- Anuncio -
  • ●       A última proba do circuíto de catro ten lugar no Porriño, de onde sairán os campións e campioas galegos.
  • ●       A competición terá lugar pola mañá nunha pista de 36 m2 na praza do Arquitecto Antonio Palacios, e no pavillón municipal pola tarde.

A Liga Xunta de Galicia de Hip Hop chega este sábado ao Porriño, na súa primeira edición, para celebrar a proba final con máis de 500 participantes de todas as idades.

A competición da Federación Galega de Baile consta dun circuito a catro probas que arrincou o domingo 14 de abril en Narón, para continuar o 12 de maio en Mugardos, o 2 de xuño en Lugo e agora, o 29 de xuño, chega ao Porriño para celebrar a última proba do campionato. Participan bailaríns e bailarinas desde baby (nados entre 2015 e 2020) ata premium (nados antes de 1994), en categorías Battles, individual, parellas e grupos, e decidiranse no Porriño os campións e campioas galegos/as. A Liga Xunta de Galicia de Hip Hop puntúa para o ranking nacional da Federación Española de Baile.

O Concello do Porriño quixo abrir o evento ao público e levalo á rúa con entrada de balde, de maneira que as probas da mañá de individuais e parellas se disputarán nunha gran pista de 36 m2 que se instalará na praza Arquitecto Antonio Palacios. A competición continuará pola tarde no pavillón municipal coas probas grupais e a entrega de premios. A entrada para o evento no pavillón é de 8€, de balde para os menores de 12 anos.

Miguel Abreu, presidente do Club de Baile Deportivo Pasos Baile Galicia, organizador do evento, “invita a toda a veciñanza a vivir este espectáculo que agrupa a máis de 500 bailaríns de hip hop de toda Galicia, con actuacións de disciplinas moi diversas, desde batallas one-to-one onde rixe a improvisación, ata coreografías perfectamente coordinadas de ata 40 persoas na mega-crew. Non decepcionará a ningúen!”

“No Concello do Porriño apostamos polo deporte en cada unha das súas disciplinas e o baile ten agora o seu protagonismo. É un orgullo que O Porriño sexa un dos lugares escollidos para celebrar esta primeira edición da Liga Xunta de Galicia Hip Hop. Seguiremos apoiando aos nosos/as deportistas no seu camiño cara ó máis alto”, apuntaba Alejandro Lorenzo.

Relacionadas

A Deputación dá comezo a catro novos obradoiros do programa “Provincia activa”, co que...

0
Na vindeira semana iniciarán os talleres máis de 40 persoas maiores de catro asociacións de Cambados, Mos e Ponteareas A Deputación de Pontevedra continúa desenvolvendo...

Ponteareas celebrou a diversidade cunha xornada cargada de actividades e sensibilización

0
Os Xardíns da Xiralda acolleron a lectura do manifesto a cargo da alcaldesaManualidades, xogos, espectáculos, desfile, karaoke e proxeccións O Concello de Ponteareas reivindicou o...

O concello acolle a Festa do Motor na previa da XX Edición do Rally...

0
• O evento servirá para presentar os coches que correrán representando a Ponteareas • Ponteareas conta por vez primeira cunha partida para subvencionar o deporte...

O pleno da Deputación súmase ao Parlamento Galego e ao Congreso dos Deputados para...

0
Nesta sesión ordinaria aprobouse por unanimidade a candidatura para o proxecto turístico transfronteirizo “Visit Rio Minho Plus”, para a consolidación da marca e a...

A feira Galiforest Abanca 2024 intensifica hoxe as demostracións en vivo de maquinaria, sistemas...

0
• NUMEROSOS EXPOSITORES MOSTRAN OS SEUS PRODUTOS EN FUNCIONAMIENTO NAS SÚAS PARCELAS OU NUNHA ZONA HABILITADA PARA ISO, CO OBXECTIVO DE QUE OS VISITANTES...

Mos implica aos colectivos de idades máis curtas e maiores para demostrar que o...

0
O municipio mosense tinguiuse hoxe multicolor coa colaboración das Escolas Infantís e do Centro de Día de Torroso para conmemorar o Día do Orgullo...

Publicacións Relacionadas