Home Xunta de Galicia A Policía Autonómica comisa máis de 120 quilos de ameixa en Ferrol

A Policía Autonómica comisa máis de 120 quilos de ameixa en Ferrol

- Anuncio -

É o resultado dun operativo contra o furtivismo nas zona da Malata e O Couto o pasado 7 de maio, que se saldou coa identificación de 14 persoas

Axentes do Equipo de Resposta Policial (ERPOL)  da Policía Autonómica comisaron o pasado 7 de maio un total de 123 quilos de ameixa e identificaron 14 persoas no marco dun operativo de loita contra o furtivismo nas zonas da Malata e do Couto, en Ferrol.

Por unha banda, na zona da Malata, os axentes identificaron 11 persoas e comisaron 20 quilos de ameixa. Na zona do Couto houbo tres persoas identificadas e o comiso ascendeu a 103 quilos de ameixa babosa, xapónica e fina.

Como resultado, tramitáronse ás persoas identificadas as respectivas denuncias por presunta infracción da Lei de pesca de Galicia. Ademais, todas as ameixas incautadas resementáronse no lugar onde se atoparon.

O operativo enmárcase no reforzo realizado pola Policía Autonómica no eido da loita contra o furtivismo, en colaboración coa Consellería do Mar. O traballo céntrase en dispositivos dirixidos a impedir a actuación dos furtivos, tanto na actividade extractiva como na venda, transporte e distribución do produto, sen as debidas garantías sanitarias.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas