Home Xunta de Galicia A Xunta aborda cos profesionais da fiscalía a aplicación en Galicia da...

A Xunta aborda cos profesionais da fiscalía a aplicación en Galicia da Lei de medidas de eficiencia do servizo público de xustiza

- Anuncio -

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, presidiron esta mañá a Comisión Mixta de Coordinación entre o Ministerio Fiscal e a Xunta na que se abordou a implantación da nova oficina xudicial en Galicia, no marco da Lei Orgánica de medidas en materia de eficiencia do servizo público de xustiza aprobada polo Goberno central o pasado xaneiro.

Nesta liña, avaliouse o proceso de implantación do novo modelo organizativo en Galicia que, entre outras adaptacións, suporá actualizar os modelos de referencia das oficinas xudiciais, o seu regulamento e protocolos locais de actuación, elaborar e aprobar as relacións de postos de traballo en consenso coas organizacións sindicais, ademais da asignación de persoal aos postos de traballo correspondentes á nova organización, a adecuación das instalacións e a dotación de aplicacións informáticas, o acondicionamento dos arquivos físicos e virtuais de expedientes e a execución de plans de comunicación e información ás partes interesadas.

A Xunta xa está a traballar para desenvolver a oficina xudicial como se expuxo na reunión de hoxe co obxectivo de cumprir co que se demanda na lei. Así, os xulgados unipersonais cambian de nome e pasan a chamarse tribunais de instancia e os xulgados de paz serán oficinas de xustiza. Neste último caso modifícase tamén a súa estrutura, xa que as oficinas xudiciais colaboran cos tribunais de instancia do partido xudicial ao que pertencen.

A medida tería que aplicarse antes do 1 de xullo en 38 dos 45 partidos xudiciais, agás nos das cidades e capitais que teñen de prazo ata o 31 de decembro. Na reunión lembrouse que a Xunta está pendente de que o Goberno central clarifique as funcións que poidan asumir as oficinas de xustiza e de que se aproben os modelos de referencia actualizados que serven de base para aprobar as Relacións de Postos de Traballo (RPT) das oficinas de xustiza nos municipios. Así, durante a reunión sinalouse a posibilidade de crear unha subcomisión integrada por dous representantes da Xunta e outros dous da Fiscalía Superior de Galicia co obxectivo de avaliar a implantación da nova oficina xudicial na comunidade.

No encontro de hoxe tamén participaron, por parte da Xunta, o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Julián Cerviño, e o director xeral de Xustiza, José Tronchoni xunto con outros representantes da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. Por parte da Fiscalía, asistiron a fiscal xefa da Unidade de Apoio da Fiscalía Xeral do Estado, Esmeralda Rasillo; o fiscal adscrito á Unidade de Apoio, Raúl Martínez; e os fiscais xefes provinciais das catro provincias galegas.

Ademais da implantación da normativa estatal, tamén se trataron outros asuntos relacionados coa dotación de medios tecnolóxicos ou a posibilidade de expurgo nalgunhas fiscalías, medidas de reforzo de persoal para atender determinados servizos ou a creación de prazas. No que se refire a isto último, cómpre aclarar que os funcionarios de xustiza destinados aos xulgados de paz que agora serán oficinas de xustiza do municipio van desenvolver tarefas de tramitación procesual nos tribunais de instancia da cabeceira de partido.

Por outra parte, no que se refire aos protocolos de actuación en traslados e ingresos non voluntarios e urxentes de persoas con enfermidade ou trastorno mental, o conselleiro lembrou que a Xunta conta cun grupo de traballo que, por parte do Goberno galego, integra representantes das consellerías de Presidencia, Xustiza e Deportes -tanto da Dirección Xeral de Xustiza como do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga)-, Política Social e Igualdade e Sanidade -do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061-. Por parte do organismo fiscal, participa neste grupo o fiscal delegado de discapacidade para Galicia. O grupo atópase en fase de traballo co obxectivo de crear un informe homoxéneo entre todas estas entidades que contribúa a axilizar os ingresos non voluntarios.

Relacionadas

Galicia aspira a reducir un 75% as emisións de dióxido de carbono antes de...

0
— Ángeles Vázquez salienta que a comunidade confía en consolidar os avances logrados nos últimos anos na loita contra o quecemento global co obxectivo...

Román Rodríguez destaca a reforma do patio cuberto do CEIP Isidora Riestra en Poio...

0
O conselleiro de Educación visita o centro para supervisar o resultado da actuación, que beneficia aos máis de 170 alumnos do colexioSubliña o compromiso...

A Conferencia Episcopal Polaca interésase pola xestión da acollida Xacobea en Galicia

0
Xosé Merelles acompañou ao bispo auxiliar de Gdansk (Polonia), Piortr Przyborek, na súa visita ao Centro Internacional de Acollida ao Peregrino de Santiago de...

A Xunta e Demarcación de Costas colaborarán para axilizar o traspaso dos medios precisos...

0
Ambas administracións avaliaron hoxe as condicións segundo as que o persoal de Costas pasará a formar parte da Administración autonómica A Xunta e Demarcación de...

A Xunta abordará no diálogo social solucions ante o impacto anual do absentismo laboral...

0
Un informe da USC e da UVigo analiza as posibles causas que poderían incidir na elevada taxa galega -4º CCAA no ranking nacional- e...

A Xunta inicia coas Universidades Públicas unha rolda de contacontos para planificar a nova...

0
Román Rodríguez mantén unha reunión de traballo cos reitores da USC, UVigo e UDC, que serán algunhas das institucións que poidan recibir a estes...

Publicacións Relacionadas