Home Xunta de Galicia A Xunta activa na madrugada do domingo a alerta vermella no litoral...

A Xunta activa na madrugada do domingo a alerta vermella no litoral costeiro da Coruña por temporal costeiro

- Anuncio -

― Desde esta madrugada estará activa a alerta laranxa en toda a costa galega por temporal costeiro, así como en zonas da Coruña e na Mariña lucense por ventos de 100 quilómetros por hora e en áreas da Coruña, Ourense e Pontevedra por fortes chuvias


― Suspéndese a actividade deportiva federada e do programa Xogade en 15 concellos da Mariña lucense, en 60 municipios da Coruña, 33 de Pontevedra e 19 de Ourense, ademais de cancelarse a actividade deportiva federada no mar en toda Galicia


― Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal)

A Xunta vén de activar a alerta vermella por temporal costeiro na madrugada do domingo no litoral da Coruña, mentres que mañá estarán activas ademais a alerta laranxa por fenómenos adversos costeiros no resto da costa galega, así como por vento na Coruña e na Mariña lucense e por fortes chuvias en zonas da Coruña, Ourense e Pontevedra.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, informou da situación a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a alerta vermella activarase na madrugada do domingo ao luns e afectará ao noroeste e oeste da Coruña por ventos do sur-suroeste forza 8 arreciando a forza 9 e mar combinada do oeste-noroeste con ondas de ata 10 metros. A primeiras horas desta madrugada xa comezará a alerta laranxa en toda a costa galega: nos litorais da Coruña e Pontevedra agárdanse ventos do sur-suroeste de forza 8 e ocasionalmente forza 9 con mar combinada do oeste-noroeste con ondas de ata oito metros, mentres que na Mariña lucense desde a media tarde de mañá o vento será de oeste a suroeste forza 8 e mar combinada do oeste-noroeste con ondas de ata sete metros.

Por outra parte, na Mariña lucense e no noroeste da Coruña actívase desde esta madrugada a alerta laranxa por rachas de ventos de 100 quilómetros por hora de sur-suroeste. O nivel de aviso tamén será laranxa desde últimas horas desta madrugada no interior da Coruña, no noroeste e sur de Ourense e no interior e na zona do Miño de Pontevedra por precipitacións acumuladas de 80 milímetros en 12 horas que poden acadar os 100 litros en 24 horas.

Debido ás últimas actualizacións dos partes meteorolóxicos dos distintos organismos predictores, a Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes informou da suspensión durante toda a xornada de mañá da actividade deportiva federada e do programa Xogade no exterior de 15 concellos da Mariña lucense e en 38 do noroeste da Coruña pola alerta laranxa por vento. Tamén se suspende mañá durante toda a tarde en 33 concellos do litoral de Pontevedra; 22 concellos do oeste e suroeste da provincia da Coruña; así como 19 concellos da montaña de Ourense. Ademais, polo fenómeno adverso por temporal costeiro cancélase en toda Galicia a actividade deportiva federada no mar. Os concellos afectados poden consultarse no mapa de zonas climáticas de MeteoGalicia.

A Xunta lembra a necesidade de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Ademais, sinálase a importancia de retirar os obxectos que poidan caer á rúa desde os tellados, balcóns e fiestras, e evitar pasar preto de edificios en ruínas ou en construción, de árbores, de paneis publicitarios e de obxectos susceptibles de desprazarse con vento.

Ante as fortes chuvias recoméndase circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, non atravesar zonas inundadas ou que poidan chegar a asolagarse e non aparcar nas ribeiras dos ríos.

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Relacionadas

A Xunta amplía a alerta vermella por temporal costeiro mañá ao suroeste da Coruña...

0
― O aviso vermello xa estaba activo para a última hora desta tarde no noroeste e o oeste da provincia da Coruña ― Continúa activa...

Portos de Galicia exime ao concello de Poio do pago das taxas pola escola...

0
Portos de Galicia aprobou a exención de taxas ao Concello de Poio pola ocupación do edificio e as instalacións da escola de remo de...

María José Gómez salienta a importancia das poxas degando como punto de encontro da calidade para...

0
― A titular do departamento lembrou que o Goberno autonómico conta cunha liña de achegas dotada con 150.000 euros para a realización de certames...

A Xunta activa a nova edición das unidades formativas con 8 M€ para atender as necesidades...

0
― O Diario Oficial de Galicia vén de publicar este venres a orde destes apoios que permiten desenvolver accións formativas flexibles e á demanda...

Portos de Galicia autoriza ao Concello de Cambados a substitución de árbores na alameda...

0
A Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, vén de remitir ao Concello de Cambados sendas autorizacións administrativas para actuacións de carácter...

A Xunta alleou 27 lotes de madeira por un millón de euros nunha poxa...

0
Os importes acadados manteñen a tendencia dos prezos da madeira de coníferas en anteriores ocasións, sendo previsible que continúen nestes niveis dado que está...

Publicacións Relacionadas