HomeXunta de GaliciaValentín Garcia agradece o traballo de "Ponte nas Ondas" no reforzo dos...

Valentín Garcia agradece o traballo de “Ponte nas Ondas” no reforzo dos lazos coa lusofonía

- Anuncio -spot_img
  • O secretario xeral da Lingua pon en valor o labor desta entidade que impulsa a foliada ‘Agora cantamos nós’ coa participación de 15 centros educativos de Galicia e Portugal
  • O proxecto desta asociación xa está considerado un modelo para o mundo ao ser incluído no Rexistro de Boas Prácticas da Unesco

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación da foliada das letras galego-portuguesas Agora cantamos nós. Trátase dunha iniciativaque organiza Ponte… nas ondas!, a quen agradeceu o seu traballo no reforzo dos lazos coa lusofonía.

No acto, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude puxo en valor o labor desta entidade que celebrará, por primeira vez, esta foliada na que participarán 15 centros educativos de Galicia e Portugal, o vindeiro venres 23 en Santiago de Compostela. Neste senso, resaltou a importancia de reivindicar o patrimonio oral galego-portugués, “do mesmo xeito que levamos feito estes últimos días coas diferentes propostas ao abeiro do Día das Letras Galegas que este ano homenaxeou ás cantareiras”.

No marco desta presentación, o secretario xeral da Lingua salientou que o proxecto Ponte… nas ondas! xa está considerado un modelo para o mundo ao ter sido incluído no Rexistro de Boas Prácticas da Unesco polo seu valor pedagóxico e cultural. Neste senso, fixo fincapé na importancia desta iniciativa pola sensibilización co patrimonio desde a infancia e o achegamento da cultura e lingua ao alumnado de toda a comunidade galega e tamén á do país veciño. Ademais, tamén aproveitou a ocasión para felicitar á organización que este ano celebra tres décadas de traballo.

Propostas musicais con preto de 500 mozos e mozas

A foliada Agora cantamos nós! xuntará no parque Eugenio Granell de Santiago de Compostela a grupos de música, baile, pandeireteiras e preto de 500 mozos e mozas de centros educativos de Galicia e Portugal. Da provincia da Coruña estarán o instituto de Ames, o instituto Eduardo Pondal, de Ponteceso; o colexio a Ramallosa, de Teo, e o colexio López Ferreiro, o colexio Cardenal Quiroga e o instituto San Clemente, de Santiago de Compostela. Da provincia de Pontevedra participarán o instituto do Barral, de Ponteareas; o colexio Petelos, de Mos; o colexio Carlos Casares e o instituto, de Salvaterra de Miño; o colexio Altamira, de Salceda de Caselas, e o colexio Seis do Nadal e o instituto Alexandre Bóveda, de Vigo. Pola súa banda, de Portugal estarán a escola Nadir Afonso, de Chaves, e a escola Profissional Agrícola, de Celorico de Basto.

Publicacións Relacionadas