HomeTabeirósCerdedo - CotobadeA Xunta adxudica as obras de ampliación da rede de saneamento da...

A Xunta adxudica as obras de ampliación da rede de saneamento da Torre Vella, en Cerdedo-Cotobade, por preto de 300.000 euros

- Anuncio -spot_img
  • Os traballos enmárcanse no convenio asinado entre Augas de Galicia e o concello e están cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural
  • As obras consistirán na realización de seis tramos de colectores que suman arredor de 900 metros de tubaxes para dar servizo a unha poboación de 390 habitantes equivalentes no horizonte de 2046 e enlazalos con 38 novos pozos de rexistro

A Xunta adxudicou as obras de ampliación da rede de saneamento da Torre Vella, no concello de Cerdedo-Cotobade, por importe de preto de 300.000 euros co obxectivo de ampliar e completar o servizo nos núcleos de Covas, A Torre Vella e Río Tenorio.

Esta actuación enmárcase no convenio de colaboración asi entre Augas de Galicia e o Goberno local por importe de preto de 380.000 euros para as anualidades 2024 e 2025. Os traballos previstos contan con ata o 60% de financiamento europeo a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

As obras, que teñen un prazo de execución de seis meses, permitirán conectar os núcleos de Covas, A Torre Vella e Río Tenorio á rede de saneamento dando continuidade a outras actuacións xa levadas a cabo na zona como a execución dunha estación depuradora na parroquia de Tenorio -con capacidade para tratar as augas residuais duns 1.000 habitantes- e o desenvolvemento da rede de saneamento no núcleo da Torre Vella.

Deste xeito, a posta en marcha das novas instalacións de depuración e saneamento permitirán tratar as augas residuais dos núcleos de Covas, A Laxe, Lérez, A Torre Vella, Barro, Zamar, Río Tenorio e O Castro.

A conexión á rede deses tres núcleos pendentes requirirá da execución de seis tramos de colectores que suman arredor de 900 metros de tubaxes que darán servizo a unha poboación de 390 habitantes equivalentes no horizonte de 2046. Eses novos tramos conectarán con 38 novos pozos de rexistro que se van construír e será necesario tamén repoñer os servizos e firmes da estrada N-541 que se verán afectados polas obras.

Publicacións Relacionadas