Benefícianse desta liña, dotada con 265.000€, centros que dependen tanto de administracións municipais como de entidades sen ánimo de lucro
Funcionan como canteira para a formación de afeccionados e para a preparación de alumnos para o acceso a ensinanzas regradas
A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se conceden as axudas dirixidas a escolas de música públicas e privadas dependentes de concellos e de institucións sen ánimo de lucro. En total a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destina 265.000€ a estas subvencións, das que este ano se benefician 78 escolas de 67 concellos de toda a xeografía galega, nas que estudan case 12.200 alumnos.
A convocatoria establece dúas categorías, unha para escolas de música públicas dependentes dos concellos e outra para as que dependan de institucións sen ánimo de lucro. En ambos os casos, os centros debían estar incluídos no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.
O obxectivo desta convocatoria é potenciar o funcionamento dos centros que imparten ensinanzas de música non regradas, dirixidas ao público en xeral, e prestarlles apoio ás iniciativas para o fomento, difusión e extensión destas ensinanzas por parte, tanto dos concellos como das entidades sen ánimo de lucro que teñen entre os seus fins a formación musical.
Non en balde, este tipo de escolas funcionan como canteira para a formación de afeccionados e nas súas instalacións prepárase ao alumnado para as probas de acceso aos estudos conducentes á titulacións oficiais de Música.
Na primeira categoría concédense axudas por un importe total de 100.000€ ás seguintes 42 escolas:
Concello | Escola de música |
Abegondo | Escola de Música Municipal de Abegondo |
Allariz | Escola de Música Municipal de Allariz |
Ames | Escola de Música Municipal de Ames |
Baña, A | Escola de Música Municipal da Baña |
Barbadás | Escola de Música Municipal de Barbadás |
Begonte | Escola de Música Municipal de Begonte |
Brión | Escola de Música Municipal Magariños |
Cabana de Bergantiños | Escola de Música Municipal de Cabana de Bergantiños |
Caldas de Reis | Escola de Música Municipal de Caldas de Reis |
Cangas | Escola de Música Municipal Mestre Inocentes Camaño |
Carballiño, O | Escola de Música Municipal do Carballiño |
Carnota | Escola de Música Municipal de Carnota |
Catoira | Escola de Música Municipal de Catoira |
Cee | Escola de Música Municipal de Cee |
Guitiriz | Escola de Música Municipal de Guitiriz |
Lugo | Escola de Música Municipal de Lugo |
Maceda | Escola de Música Municipal de Maceda |
Marín | Escola de Música Municipal Mestre Landín Pazos |
Meaño | Escola de Música Municipal de Meaño |
Meira | Escola de Música Municipal de Meira |
Moaña | Escola de Música Municipal de Moaña |
Mondariz | Escola de Música Municipal de Mondariz |
Mondoñedo | Escola de Música Municipal O Pallarego |
Moraña | Escola de Música Municipal de Moraña |
Muros | Escola de Música Municipal de Muros |
Negreira | Escola de Música Municipal de Negreira |
Ordes | Escola de Música Municipal de Ordes |
Oroso | Escola de Música Municipal de Oroso José Verea Montero |
Ortigueira | Escola de Música Municipal de Ortigueira |
Pobra do Brollón, A | Escola de Musica Municipal Samoeiro |
Ponteareas | Escola de Música Municipal Vila do Corpus de Ponteareas |
Pontenova, A | Escola de Música Municipal da Pontenova |
Porto do Son | Escola de Música Municipal de Porto do Son |
Ribadavia | Escola de Música Municipal de Ribadavia |
Ribadeo | Escola de Música Municipal de Ribadeo |
San Cibrao das Viñas | Escola de Música Municipal de San Cibrao das Viñas |
Sanxenxo | Escola de Música Municipal Lied_em |
Silleda | Escola de Música Municipal de Silleda |
Sober | Escola de Música Municipal de Sober |
Valga | Escola de Música Municipal de Valga |
Vila de Cruces | Escola de Música Municipal de Vila de Cruces (Artística de Merza) |
Vilagarcía de Arousa | Escola de Música Municipal Bernardo del Río Parada |
Na segunda categoría outórganse axudas por importe de 165.000€ ás seguintes 36 escolas:
Concello | Escola de música |
Agolada | EMUSPR de Agolada |
Barro | EMUSPR de Barro |
Cambre | EMUSPR Sementeira de Cambre |
Cangas | EMUSPR Staccato |
Celanova | EMUSPR EMBC |
Cerdedo-Cotobade | EMUSPR Escola de Música da Banda Unión Musical de Tenorio |
Chantada | EMUSPR Casa da Música de Chantada |
Coruña, A | EMUSPR Compañía de María |
Gondomar | EMUSPR Agrupación Musical de Vincios |
Lalín | EMUSPR Banda de Lalín |
Lalín | EMUSPR Escola de Música de Vilatuxe |
Mos | EMUSPR de Mos |
Ponteareas | EMUSPR Unión de Guláns |
Ponteareas | EMUSPR de Xinzo |
Pontes de García Rodríguez, As | EMUSPR Escola de Música das Pontes |
Pontevedra | EMUSPR de Salcedo |
Redondela | EMUSPR de Chapela |
Rianxo | EMUSPR de Rianxo |
Ribadavia | EMUSPR Mestre Veneroni |
Ribadumia | EMUSPR Escola de Música de Ribadumia |
Rosal, O | EMUSPR Agrupación Musical do Rosal |
Salceda de Caselas | EMUSPR Asociación Amigos da Música |
Santiso | EMUSPR de Visantoña |
Teo | EMUSPR de Calo, Teo |
Tomiño | EMUSPR Escola de Música Goián |
Tui | EMUSPR Escola da Banda de Música Popular de Tui |
Vigo | EMUSPR Atlántida |
Vigo | EMUSPR de Beade |
Vigo | EMUSPR Unión Musical de Coruxo |
Vigo | EMUSPR de Valadares |
Vigo | EMUSPR Escola de Música Ateneo Musical de Bembrive |
Vigo | EMUSPR Escola de Música Val do Fragoso |
Vigo | EMUSPR Escola de Música Lira de San Miguel de Oia |
Vilaboa | EMUSPR de Vilaboa |
Vilanova de Arousa | EMUSPR de Vilanova |
Xinzo de Limia | EMUSPR da Limia |