test
Home Xunta de Galicia A Xunta apoia a campaña internaciona ‘Quere o teu Mercado’ con actividades...

A Xunta apoia a campaña internaciona ‘Quere o teu Mercado’ con actividades e promocións nos mercados Coruñeses

- Anuncio -

— Na xornada celebráronse diversas actividades entre as que destacan actuacións musicais, sorteo de cestas de produtos, obradoiros infantís ou concurso de debuxos

— O obxectivo é promover os mercados e prazas de abastos de Galicia, incentivar o consumo de produtos frescos e poñer en valor a compra de proximidade e a profesionalidade das praceiras e praceiros

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou as actividades organizadas no mercado da Praza de Lugo con motivo da campaña internacional Quere o teu mercado na súa edición 2024, unha iniciativa da que tamén participa a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración coa que se busca promover os mercados e prazas de abastos de Galicia, incentivar o consumo de produtos frescos e poñer en valor a compra de proximidade e a profesionalidade e bo facer das praceiras e praceiros.

Belén do Campo destacou a importância dos mercados locais pola súa proximidade e situación estratéxicas nas vilas e ciudades, facendo que as prazas de abastos xoguen un valioso papel dinamizador e revitalizador dos centros urbanos.
Esta ano participan na actuación máis de 900 profesionais de 41 mercados emprazados en 26 concellos de toda a xeografía galega dos cales 16 son da provincia da Coruña. En canto á achega da Xunta, repartíronse 15.800 bolsas, das cales máis de 450 se repartiron nos mercados coruñeses participantes: praza de Lugo, Elviña, San Agustín, Montealto, As Conchiñas, Ramón Cabanillas e Adormideras. Ademais, organizáronse actividades dinamizadoras nos mercados. Concretamente, na praza de Lugo os compradores atopáronse con actuacións musicais e un taller familiar de postais primaverais.
Esta campaña enmárcase na importancia que a Xunta dálle ao comercio de proximidade, xa que ten enorme relevancia na xeración de emprego e na dinamización das economías locais. “É parte fundamental para o crecemento económico e social de Galicia”, recalcou a delegada territorial.

Relacionadas

Rueda eloxia as iniciativas turísticas que xeran riqueza e conseguen que Galicia siga estando...

0
Destaca o proxecto como un exemplo de turismo sustentable e de calidade A falta dos últimos datos completos de maio, os establecementos turísticos galegos...

Lete Lasa sinala que Moaña será o o epicentro do ciclismo galego ao acoller...

0
_Destaca a participación de 200 ciclistas nestes Campionatos e sinala o nome de Alejandra Neira, do Club Ciclista Cambre, que con tan só 16...

Rueda anuncia que hoxe se publica no DOG a orde de axudas de ata...

0
Galicia é a única comunidade autónoma que ofrece este tipo de axuda directaEste ano tamén se poderán beneficiar as persoas diagnosticadas de Esclerose Lateral...

Sogama propón actualizar o seu canon polo sobrecusto derivado das decisións estatais e a...

0
O Consello de Administración da empresa pública foi informado de que o importe medio a pagar en 2024 pola xestión dos residuos quedaría en...

Xosé Merelles pon en valor do Festival Espírito Ribeiro para diversificar o turismo en...

0
O director de Turismo de Galicia presenta o evento xunto o delegado da Xunta en Ourense que se celebrará en Arnoia, Cenlle e Castrelo...

A Xunta eafirma o seu compromiso co tecido produtivo e co emprego da provincia...

0
José González lembrou accións en colaboración coa CEO a prol da inserción laboral e da formación para o emprego e sinalou que onte aprobáronse...

Publicacións Relacionadas