HomeVigoO PorriñoA Xunta agradece ao Porriño ter levado a bandeira galega "con tanto...

A Xunta agradece ao Porriño ter levado a bandeira galega “con tanto orgullo” tras proclamarse subcampioas de Europa

- Anuncio -spot_img
  • O secretario xeral para o Deporte destaca a importancia de que unha vila como Porriño acade unha medalla de prata nunha competición de 64 equipos de toda Europa e asegura ás xogadoras que “para toda Galicia sodes as auténticas campioas”
  • A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, salienta a traxectoria do club porriñés tanto na competición ligueira como na europea e subliña que “sodes un exemplo para o deporte galego polo voso esforzo”

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, recibiron esta tarde no edificio administrativo do Goberno galego ao equipo de balonmán feminino Conservas Orbe Zendal Porriño BM que vén de proclamarse subcampión europeo da EHF European Cup Women. O mandatario galego enxalzou a medalla de prata conseguida polo equipo porriñés tras eliminar a cinco equipos de cinco países diferentes, nunha competición na que participaron 64 clubs e perdendo a final por tan só un gol de diferencia. Unha xesta máis espectacular, se cabe, por ser o primeiro ano que o Porriño xogaba competición europea. “Para toda Galicia sodes as auténticas campioas”, aseverou.

Neste sentido, Lete Lasa agradeceu ás xogadoras ter levado a bandeira de Galicia “con tanto orgullo no peito por todos os recunchos de Europa” e ratificou o apoio da Xunta ao club que, neste ano, redobrou os seus esforzos incrementando nun 60% a súa axuda a través do Plan de Patrocinios Publicitario dos Equipos de Alta Competición da Fundación Deporte Galego, chegando ata os 80.000 euros.

O secretario xeral para lembrou que a fazaña do Porriño iguala a que conseguiu o Guardés en 2023 cando tamén foi quen de proclamarse subcampión na mesma competición continental. Neste sentido, animou ao Guardés no seu cruce de semifinais da Liga Guerreiras Iberdrola e desexou maiores éxitos ao Porriño de cara á tempada que vén, augurando que pronto o balonmán feminino rachará o seu teito e poderemos contar cunhas campioas de Europa.

Pola súa banda, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, subliñou a traxectoria do equipo porriñés tanto na competición nacional como na europea. “Parabéns a todas por esta nova demostración do potencial do balonmán feminino da nosa área, sodes un exemplo para o deporte galego polo voso esforzo”, apuntou.

Publicacións Relacionadas