Home Xunta de Galicia A Xunta apoia a celebración do Día dos Medios en Galego que...

A Xunta apoia a celebración do Día dos Medios en Galego que inclue concertos e unha web para fomentar o uso da lingua 

- Anuncio -

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta esta celebración pola “importancia en uso e en prestixio” do emprego da nosa lingua no xornalismo

A Xunta de Galicia apoia unha nova edición do Día dos Medios en Galego, que organiza cada 7 de febreiro, a Asociación de Medios en Galego, e que, nesta ocasión, incluirá a publicación ese mesmo día dunha páxina web con 100 medidas para fomentar o uso do galego e a celebración dun concerto na Coruña coas actuacións de Leria e A banda da loba.

Así se anuncio hoxe na presentación da programación desta efeméride impulada pola Asociación de Medios en Galego e na que participou o secretario xeral da Lingua, Valentín García. Trátase dunha data que se celebra desde o ano 2018 coincidindo coa primeira publicación xornalística en lingua galega, O Tío Marcos d´a Portela, editada por Valentín Lamas Carvajal en 1876.

O representante da Consellería de Cultura, Lingua puxo en valor esta celebración para difundir e recoñecer o “valioso labor dos máis do centenar de medios que, a día de hoxe, usan a lingua galega para facer xornalismo” e expresou o seu desexo de que esta conmemoración “contribúa e anime a outros a incorporar cada vez máis o galego nesta actividade profesional, seguindo a estela marcada no seu día por Valentín Lamas Carvajal”.

Precisamente, a Asociación de Medios en Galego foi a encargada de elaborar, co apoio da Secretaría Xeral da Lingua, a páxina web que se fará pública o 7 de febreiro, e na que se recollen un cento de accións para fomentar o uso e prestixio do noso idioma. As medidas foron elaboradas a partir de entrevistas con diferentes actores da sociedade civil e a administración pública. Tamén para ese mesmo día, e a modo de conmemorar esta data como unha xornada festiva, celebraranse dous concertos na sala Playa Club da Coruña coas actuacións de Leira e A banda da Loba.

Relacionadas

A Xunta salienta o protagonismo de Galicia no automobilismo

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde na presentación do equipo Ares Racing para a tempada 2025, na que...

Fabiola García pon en valor a importancia do audiovisual como ferramenta de cambio social...

0
A conselleira felicitou a todas as participantes no certame e agradeceu o seu labor para lograr unha Galicia máis igualitaria A conselleira de Política Social...

A Xunta e o concello de Moraña avalían vías de colaboracion para mellorar a...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Moraña estudarán a posibilidade de mellorar o acondicionamento e poñer en valor a contorna do río...

A Xunta favorece a empregabilidade da mocidade por conta propia e allea lanzando novos...

0
José González destacou a Estratexia Mocidade Activa que inclúe apoios á contratación como os programas Investigo (4,8 M€), o de primeira experiencia profesional (6,3...

A Xunta aposta pola mediación nunha xustiza centrada na cidadanía

0
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou na xornada ‘A mediación: outra forma de resolución de conflitos e potenciar a competitividade das empresas’,...

A Xunta anima a empresas e entidades sociais a apostar por iniciativas para a...

0
— Ángeles Vázquez pon como exemplo a actuación realizada por Padre Rubinos, que recibiu 10.516 € para mellorar a capacidade de almacenaxe das súas...

Publicacións Relacionadas