Home Xunta de Galicia A Xunta apoia a Liga Galega de Traiñeiras con 25 equipos nas...

A Xunta apoia a Liga Galega de Traiñeiras con 25 equipos nas súas tres categorías

- Anuncio -
  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde na illa de San Simón no acto de presentación da competición de banco fixo, que o Goberno galego apoia cunha achega de 125.000 euros
  • O remo galego contará con representación nos Xogos Olímpicos de París na modalidade de banco móbil con Rodrigo Conde e Caetano Horta

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na presentación da Liga Galega de Traiñeiras, que arrincará o próximo 30 de xuño e se prolongará ata o 25 de agosto cun total de 25 equipos. No acto, agradeceu o traballo da Asociación Liga Noroeste por organizar un ano máis a competición por excelencia do banco fixo en Galicia nas súas tres categorías: Liga A, Liga B e Liga feminina.

Aínda que esta modalidade non é olímpica, o remo galego terá presenza nos Xogos Olímpicos deste ano en París na categoría de banco móbil cos remeiros galegos Rodrigo Conde e Caetano Horta.

O Goberno galego incrementou este ano o apoio e patrocinio desta actividade ata unha achega de 125.000 euros e puxo en valor o aumento tamén do número de licenzas de remo, que se duplicaron desde 2009.

Diego Calvo salientou os fortes vínculos que unen deporte coa cultura e coa tradición, en especial no caso das traiñeiras debido á tradición do remo nos pobos mariñeiros. Nesta liña, puxo como exemplo que a presentación do evento se levase a cabo na contorna da Illa de San Simón, declarada Ben de Interese Cultural.

Creada en 2003 só coa Liga Masculina, posteriormente incorporáronse a Liga Masculina B e a Liga Feminina. Así, actualmente estruturase en 12 equipos na Liga A, outros seis na Liga B e sete na feminina.

Competición ata finais de agosto, con 32 regatas

O 30 de xuño en Narón celebrarase a primeira dun total de 32 regatas entre as tres categorías. A Liga A está conformada por 12 equipos: SD Samertolameu, CR Ares, SD Tirán-Pereira, CM Castropol, CR Chapela-Wofco, CR Cabo da Cruz, CR Rianxo, CR Mecos, CCD Cesantes-Rodavigo, CR Narón, Mugardos-A Cabana e CR Urme (Muros)

Por outra banda, na Liga B competirán un total de seis equipos: CR Chapela-Wofco B, CRN Riveira, CR Salgado-Perillo, CM Bueu-Simei, CR Cedeira e CR Puebla.

Canto á competición feminina, participan o CR Chapela-Wofco, Mugardos-A Cabana, CR Rianxo, Cesantes-Amegrove-Cefycal, CR Salgado-Perillo, CM Castropol e CR Cabo da Cruz.

Relacionadas

José González destaca o compromiso da Xunta coa comunidade galega en Suíza e realza...

0
― Remarcou a implicación da Xunta cos galegos do exterior, uns días despois de pedir ao Goberno de España que elimine as desigualdades que...

Rueda destaca o compromiso da Xunta cos novos creadores e con impulsar proxectos culturais...

0
— Asegura que ferramentas coma as residencias artísticas son “motores” para garantir “o futuro” do sector cultural — A Xunta poñerá en marcha nos vindeiros...

Medio Rural inclúe nos orzamentos de 2025 máis de 4 M€ en investimentos en...

0
― Máis da metade dos fondos comprometidos e orzamentados (2,5 millóns de euros) destinaranse ao edificio de servizos integrados da Consellería en Lalín ― Ademais,...

A Xunta fai fincapé na importancia de dar maior visibilidade e informar sobre o...

0
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou hoxe nas oitavas xornadas ‘Ti tamén formas parte do TDAH’, organizadas pola Asociación TDAH...

A Xunta destina en 2025 medio millón de euros ao impulso de áreas de...

0
― O Goberno galego publicará unha orde de axudas para o desenvolvemento de aparcadoiros protexidos que dispoñan de instalacións axeitadas e servizos precisos ― A...

A Xunta aposta pola humanización da Xustiza coa remodelación das Salas Gesell

0
― O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe o espazo situado nas instalacións da subdirección do Instituto de Medicina Legal...

Publicacións Relacionadas