Home A Coruña A Xunta apoia melloras en infraestruturas e equipamentos municipais de Curtis con...

A Xunta apoia melloras en infraestruturas e equipamentos municipais de Curtis con achegas que suman 149.000€

- Anuncio -
  • A directora xeral de Administración Local visitou a localidade para coñecer os resultados das obras e as dotacións adquiridas a través de diferentes liñas de axudas
  • O apoio do Goberno galego ao concello a través das medidas específicas para as administracións locais supera os 2 millóns de euros nos últimos anos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe Curtis para coñecer os resultados das obras feitas e de dotacións adquiridas ao longo de 2023 a través das distintas liñas de axudas de apoio ás administracións locais con achegas que suman 149.000 euros. Trátase da mellora da vía desde Castro de Ares ata Oza-Cesuras, de equipamento integral para oficina municipal e da compra de maquinaria de mantemento.

Durante a visita, Natalia Prieto percorreu un treito da vía mellorada a través da Orde de infraestruturas de uso público cun investimento de 50.000 euros. Déuselle así resposta a unha solicitude conxunta de Curtis e de Oza-Cesuras, xa que a calzada conecta ambos os concellos. Coa achega permitiuse a ampliación do ancho, a creación de novas cunetas, a renovación do firme e o pintado de sinalización horizontal co obxectivo de garantir a seguridade viaria.

A continuación, a directora xeral achegouse á oficina municipal, na que se instalou diverso mobiliario e equipamento, ademais de tarima no solo co correspondente illamento. Tamén se habilitaron dous novos despachos. Ao igual que a anterior, a actuación enmarcouse na Orde de infraestruturas de uso público, cunha achega da Xunta de 36.000 euros. Búscase así mellorar o confort dunhas instalacións que albergan diferentes espazos e áreas de atención á cidadanía.

A maiores, Natalia Prieto puido comprobar a maquinaria adquirida a través do Fondo de Compensación Ambiental e do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local. Por unha banda, dun vehículo destinado á protección e conservación do ambiente e do medio natural e, por outra, dúas trituradoras e un perforador para limpeza e mantemento de cunetas e de zonas verdes. O investimento do Goberno galego foi de 34.000 e 29.000 euros, respectivamente.

As actuacións e adquisicións comprobadas na visita representan o conxunto de iniciativas executadas o pasado ano polo Concello de Curtis coas axudas específicas de apoio ao eido local da Administración autonómica. Xunto coas de anos anteriores, o investimento do Goberno galego nas melloras en infraestruturas e servizos municipais nesta localidade supera os 2 millóns euros.

Investimento de 27,2M€ en toda Galicia

No conxunto de Galicia, as distintas medidas de apoio da Xunta aos concellos impulsaron en 2023 máis de 600 proxectos municipais a prol de mellores instalacións e servizos cun orzamento de 27,2 millóns de euros.

A directora xeral destacou que o compromiso autonómico cos concellos a prol da eficiencia enerxética se reforza nos anos 2024 e 2025 coa nova orde plurianual destinada a financiar estas melloras nas instalacións municipais. A convocatoria publicouse xa en xaneiro en conta cun orzamento de 5,3 millóns de euros cofinanciados con Fondos Feder.

Así mesmo, o fondo adicional do Fondo de Cooperación Local centra tamén o investimento deste ano no impulso da eficiencia enerxética nos edificios municipais, cunha dotación de 5 millóns de euros.

A estas liñas súmanse como cada ano o Fondo de Compensación Ambiental, ao que a Xunta destina máis de 11 millóns de euros para apoiar os concellos nas melloras da contorna natural e da eficiencia, e a Orde de infraestruturas de uso público, que conta con 3,5 millóns de euros para a creación ou mellora de instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos  municipais.

Relacionadas

España lidera a participación mundial no festival de divulgación científica Pint of Science, con...

0
• O festival internacional de divulgación científica celebrarase os días 13, 14 e 15 de maio en toda España, con entrada gratuíta • En Carballo,...

O Partido Popular de Sada esixe ao alcalde “reaccionar” ante a falta de seguridade...

0
O Partido Popular de Sada insta unha vez máis ao alcalde para “reaccionar “ #ante a inseguridade no municipio alimentada pola limitación de medios...

Muxía, Vimianzo e Camariñas presentan o quinto obradoiro dual ‘Camiño ao Emprego’ 2023/2024

0
Nesta edición haberá dúas especialidades: limpeza en espazos abertos e instalacións industriais e operacións auxiliares de revestimentos continuos e construción Desde o pasado mes de...

A Policía Local imparte xornadas de seguridade viaria na que participan maís de 800...

0
Os nenos reciben formación sobre sinalización viaria, realizan os circuítos e coñecen os vehículos e material a disposición dos efectivos da Policía Local. Os máis...

Carral prepárase para unha fin de semana con moita miga da man da súa...

0
· O Concello acolleu, esta mañá, a presentación oficial da cita, que se celebrará o sábado, 11 de maio, e o domingo, día 12. Carral...

O Eixo Atlántico impulsa desde Carballo a participación das súas cidades nas Estratexias Territoriais...

0
15 dos 20 concellos galegos que forman parte da entidade transfronteiriza participaron nunha xornada informativa no Fórum 15 dos 20 concellos galegos que forman parte...

Publicacións Relacionadas