A Xunta apoia o Campionato do Mundo de Endurance que converterá Sanxenxo esta semana en epicentro mundial da motonautica

adminON
Lectura mínima de 2

O secretario xeral para Deporte destacou o potencial de Galicia como sede de eventos internacionais da motonáutica e, en xeral, para acoller probas deportivas de primeiro nivel en todo tipo de disciplinas

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou esta mañá na presentación da primeira das tres probas do Campionato do Mundo de Endurance Class B, que o Real Club Náutico de Sanxenxo acollerá esta semana, desde o venres ata o domingo.

O evento está organizado pola Real Federación Española de Motonáutica e a Real Federación Galega de Motonáutica, baixo a supervisión da Unión Internacional de Motonáutica. Con esta primeira proba en Sanxenxo, España convertese nunha das sedes da competición, que continuará con outras dúas en Bélxica e Reino Unido.

Deste xeito, desde hoxe ata o domingo compiten 12 equipos, a metade de España, dos que dous deles son galegos. Tamén compiten embarcacións de Bélxica, Kuwait, Reino Unido, Malta e Italia nas tres categorías dispoñibles -Promotion 150, Boat Production e Class Sport 450- cun dúas mangas de entre 60 e 75 quilómetros cada unha.

Lete Lasa desexou sorte a todos os participantes, sobre todo as parellas galegas, a formada por Eugenio Falcón e Sergio Pereira Millos e a de Costin Balca e Manuel Ángel Loira Gómez.

A Xunta colabora nesta gran festa da motonáutica, que o Goberno galego tamén apoia, ademais da axuda anual á Federación Galega de Motonáutica no marco do convenio anual.

Nesta liña, o secretario xeral para o Deporte incidiu en que Galicia ten acreditado o seu nivel como potencia nacional, continental e mundial da motonáutica e, en xeral, a comunidade galega ten demostrado converterse nun escenario ideal para acoller probas de máximo nivel en todo tipo de deportes.

Comparte este artigo