Home Xunta de Galicia A Xunta aposta pola divulgación e a investigación como ferramentas efectivas para...

A Xunta aposta pola divulgación e a investigación como ferramentas efectivas para protexer os parques naturais galegos, nos que investirá o próximo ano 1,3 M€

- Anuncio -

— Ángeles Vázquez subliña que este é o terceiro encontro divulgativo que se celebra no parque do complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, un programa co que se formou a case 170 persoas nos dous últimos anos

— A xornada, que reuniu en Ribeira a case medio cento de biólogos, técnicos ambientais e afeccionados á natureza, centrouse nos proxectos en marcha neste espazo natural con relación á píllara, á reintrodución da embigueira das dunas e do sapoconcho

A Xunta segue apostando pola divulgación e o fomento da investigación relacionada cos seis parques naturais existentes en Galicia como ferramentas efectivas para preservar a riqueza e a biodiversidade destes espazos protexidos, nos que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático investirá o próximo ano 1,3 millóns de euros a través de diferentes proxectos e actuacións de conservación.
Esta foi unha das mensaxes principais nas que incidiu a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante a inauguración dunha xornada divulgativa e gratuíta que se celebrou hoxe no Centro de atención a visitantes Casa da Costa, localizado no Parque Natural complexo dunar do Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.
Neste sentido, a responsable autonómica explicou que, no marco do Programa de investigación, seguimento e avaliación previsto nos correspondentes plans reitores de uso e xestión dos parques naturais galegos, este é o terceiro encontro divulgativo que se organiza no caso de Corrubedo desde o ano pasado, ao que se suman dous máis celebrados en 2023 no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
En total, segundo indicou Ángeles Vázquez, case 170 persoas recibiron xa formación e información de carácter científico-técnico sobre os diferentes proxectos e investigacións en marcha que teñen como fin afondar na fauna, na flora e nas características dos parques naturais galegos, cifra que seguirá incrementándose o próximo ano.
Así, a previsión é que ao longo de 2025 os centros de visitantes dos parques do Xurés, de Fragas do Eume e de Corrubedo acollan, como mínimo, outras tres xornadas divulgativas nas que se abordarán os estudos máis salientables nos que se vai traballar por parte da comunidade científica, co apoio e colaboración da Xunta.
Tras salientar o éxito cada vez maior das iniciativas de ciencia cidadá promovidas pola Consellería, a responsable autonómica salientou a elevada participación rexistrada nesta xornada, na que, entre outros temas, se expuxeron da man dos investigadores responsables os obxectivos do programa POCTEP Iberalex para a conservación da píllara das dunas no litoral atlántico ibérico, e dous casos de éxito que permitiron a reintrodución no parque de Corrubedo da embigueira das dunas, planta ameazada da provincia da Coruña, e do sapoconcho europeo, con escasa presenza en Galicia.
En concreto, preto de medio cento de persoas asistiron ao evento formativo celebrado hoxe na Casa da Costa, cun perfil moi variado e unha ampla representación de biólogos, profesionais e técnicos relacionados co medio ambiente e afeccionados á natureza.
Por iso, Ángeles Vázquez aproveitou a súa intervención para animar tamén a todos os asistentes a actuar como “axentes divulgadores” da riqueza e dos valores que definen o patrimonio natural galego e, máis concretamente, os seus espazos protexidos, tanto desde os seus respectivos eidos profesionais como na súa relación habitual coa contorna.

Relacionadas

A Xunta avanza no recoñecemento das empresas que destacan na aplicación das POLÍTICAS de...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado polo secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho,...

Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense vanzan na dinamización turística da provincia...

0
- Xosé Merelles e Luis Menor mantiveron unha xuntanza esta mañá para analizar distintas accións de promoción dos recursos da provincia O director de Turismo...

A Xunta pon en valor o traballo do tecido empresarial galego na redución das...

0
― Ángeles Vázquez salienta que Finsa investiu en total preto de 200 millóns de euros nos últimos anos para optimizar todos os procesos apostando...

A Xunta participa na tradicional Feira de San Martiño de Teo

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e a conselleira do Medio...

López Campos agradece o papel das bibliotecas na promoción e difusión do libro e...

0
— O acto, incluído na Xornada de Bibliotecas Públicas, celébrase coincidindo co Día das Librarías — “O seu traballo, xunto co do comercio libreiro, é...

Belén do Campo destaca o investimento de máis de 300.000€ na mellora de infraestruturas...

0
 A delegada da Xunta avaliou co alcalde esas aportacións que servirán tanto para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas como...

Publicacións Relacionadas