Home Xunta de Galicia A Xunta aposta por optimizar a coordinación para previr e facer fronte...

A Xunta aposta por optimizar a coordinación para previr e facer fronte aos danos do xabaril ao tempo que se avalían novas medidas de control

- Anuncio -

— O Executivo galego avalía a eficacia das medidas adoptadas para controlar a presenza da especie tralo incremento tanto dos avisos de danos como dos accidentes de tráfico rexistrados nas últimas tempadas


— Ás actuacións para reducir os danos no medio rural, previr a sinistralidade e incrementar a seguridade viaria engádese a posibilidade de instalar gaiolas-trampa nas zonas urbanas e periurbanas en colaboración cos concellos


— A Xunta destinou entre 2016 e 2024 arredor de 12 M€ en axudas a previr e compensar os prexuízos do xabaril ao sector agrogandeiro

A Xunta aposta por optimizar a coordinación entre os axentes implicados na prevención dos danos e control do xabaril ao tempo que se avalían novas medidas para facer fronte á presenza da especie.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, presidiu a reunión do grupo de traballo para a xestión do xabaril -integrado por representantes das administracións titulares das diferentes estradas (Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible e Axencia Galega de Infraestruturas); Garda Civil de Tráfico e Seprona; Consellería do Medio Rural; Consellería de Sanidade; Fegamp; Federación Galega de Caza; e sindicatos e organizacións agrarias (Unións Agrarias, Asaga e Sindicato Labrego Galego)- onde se resumiron e analizaron as distintas medidas adoptadas para controlar e minorar o impacto desta especie na comunidade e a coordinación entre todas as partes.

Neste sentido, os participantes expuxeron durante o encontro distintas propostas e métodos novidosos de control do xabaril existentes noutras comunidades ou países coa finalidade de estudar as posibilidades da súa aplicación en Galicia. Neste sentido, destacaron que a actividade cinexética e o labor dos cazadores son fundamentais para o control das poboacións da especie e a necesidade de avanzar en medidas complementarias coas que mellorar a xestión.

De feito, acordouse realizar este tipo de xuntanzas con maior periodicidade e convidar á seguinte convocatoria á Unidade de Policía Adscrita (UPA) de Galicia, dado que tamén participa na xestión e control de cuestións relacionadas coa xestión do xabaril.

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático expuxo que nas últimas dúas tempadas de caza -a 22/23 e a 23/24- se rexistrou un maior número de avisos de danos causados polo xabaril -máis de 4.000, fronte aos arredor de 3.000 de anos precedentes- e que, para atallalos, se adoptaron medidas complementarias como a declaración da emerxencia cinexética tanto o ano pasado como na actual tempada de caza.

Neste sentido, a Xunta decretou o 11 de outubro a emerxencia cinexética temporal -a cuarta vez que se declara- nun total de 40 comarcas (13 na Coruña, 10 en Lugo, 11 en Ourense e 6 en Pontevedra) que comprenden 260 concellos (77 deles coruñeses, 57 lucenses, 87 ourensáns e 39 pontevedreses) e o 85% da superficie de Galicia.

De feito, esa declaración supuxo un incremento respecto á anterior, que afectaba a 37 comarcas e 248 concellos, atendendo a cuestións como o aumento no número de accidentes causados polo xabaril, que se incrementou un 30%. Esta medida busca, ademais de reducir os danos nos terreos propiedade do sector agrogandeiro, previr a sinistralidade e incrementar a seguridade viaria.

Á marxe das medidas adoptadas para as zonas rurais, a responsable da Dirección Xeral de Patrimonio Natural lembrou que existe un procedemento específico de colaboración cos concellos para a instalación de gaiolas-trampa nas zonas urbanas e periurbanas para facer fronte á presenza do xabaril, unha posibilidade á que xa recorreron concellos como Sada, Oleiros, Arteixo ou máis recentemente o Concello do Grove.

A maiores, a Xunta destinou entre 2016 e 2024 arredor de 12 millóns de euros a axudas para previr e compensar os danos causados polo xabaril ao sector agrogandeiro galego, dos que máis de 9 millóns de euros foron para facer fronte aos prexuízos xerados nos terreos agrícolas e os restantes á adopción de medidas coas que mitigar o impacto da presenza desta especie na contorna.

Relacionadas

A Xunta, o concello de Ourense e os praceiros asinan o protocolo para o...

0
― Goberno autonómico e municipal acordan unha cofinanciación máxima de 2M€ para as obras de adecuación que sexan consensuadas, investimento para o que a...

Galicia rexistra a cifra de paro máis baixa nun outubro de toda a serie...

0
― A cifra de persoas desempregadas é de 122.214, un descenso con respecto a outubro de 2023 dun 8,35% que supera en 2,65 puntos...

Mos inviste preto de 700.000 euros na recta final do ano para a mellora...

0
Ao abeiro do Plan +Provincia, o Concello optimiza 19 camiños, 2 muros de contención e acomete o saneamento para máis de 50 veciños Rematados, a...

Turismo de Galicia busca na WTM London incrementar o mercado internacional que xa supera...

0
En 2023 incrementouse o 16% o número de turistas británicos, representando o 5,5% do turismo internacional da Comunidade Turismo de Galicia está presente estes días...

O Xuventude crea 2024 premia os proxectos presentados na categoría de videoxogos

0
— Os creadores e creadoras recoñecidos nesta modalidade participan nun coloquio no que dan a coñecer os seus traballos — As tres propostas gañadoras proceden...

A Xunta suma o apoio da Asamblea Reional e Local Euromediterránea ás mostras de...

0
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou na sesión en Xordania, onde se abordaron cuestións como a axenda estratéxica euromediterránea, a...

Publicacións Relacionadas