Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A Xunta avanza no reto da cobertura de vacantes apostando pola formación...

A Xunta avanza no reto da cobertura de vacantes apostando pola formación flexible e garnantindo o acceso laboral dos colectivos prioritarios

- Anuncio -
  • José González destacou o papel referente desta compañía e salientou a importancia de que a Administración e as empresas aborden solucións conxuntas a prol da atracción de talento e a mellora da empregabilidade
  • Puxo en valor que os incentivos á contratación se seguirán reforzando en 2025 para facilitar o acceso ao mercado laboral aos colectivos con maior dificultade, con partidas específicas para mulleres, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión
  • Remarcou a aposta por seguir flexibilizando ao máximo a formación para o emprego a través de medidas como os Bonos Talento Empresa, que na vindeira convocatoria tamén poderán solicitar grandes empresas

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado pola directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, visitou esta mañá en Santiago a sede da empresa especializada en construción e xestión da auga Espina y Delfín, beneficiaria do programa de incentivos á contratación por conta allea e á formación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

O conselleiro de Emprego destacou o papel referente da compañía -cun equipo humano que rolda as 400 persoas- e salientou a importancia de que a Administración pública e o tecido empresarial avancen da man para abordar solucións conxuntas a prol da cobertura das vacantes laborais, a atracción de talento ou a mellora da empregabilidade.

Neste senso, puxo en valor que os incentivos á contratación impulsados pola Xunta no marco das súas políticas activas de emprego se continuarán reforzando nos orzamentos de 2025 co obxectivo de seguir garantido o acceso ao mercado laboral de perfís prioritarios, con partidas específicas destinadas á contratación por parte de empresas de mulleres -incidindo nos sectores infrarrepresentados-, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

Formación flexible e en liña co mercado laboral

José González tamén puxo de relevo a importancia de seguir flexibilizando ao máximo a formación para o emprego -unha demanda que a Xunta leva reclamando ao Goberno central nas últimas conferencias sectoriais e nunha recente carta remitida á ministra de Traballo- cunha dobre vía: por unha banda, incrementar as oportunidades profesionais dos galegos e galegas; e, pola outra, dar resposta de xeito áxil ás competencias e habilidades que precisan os principais sectores produtivos.

Neste marco, destacou que o vindeiro ano a Xunta continuará dándolle pulo a medidas que están demostrando a súa eficacia como os Bonos Talento Empresa, co obxectivo de ofrecer microformacións non regradas e adaptadas ás necesidades concretas de cada compañía e que, como principal novidade, poderán tamén solicitar as grandes empresas.

Esta formación aliñada co mercado laboral -coa finalidade de seguir xerando oportunidades e afrontando o desafío das vacantes- é tamén o obxectivo doutras convocatorias como as unidades formativas en empresas. Trátase dunha orde que permite ás compañías impartir a súa propia cualificación sempre que se comprometan a contratar a polo menos un 40% do alumnado que participe na acción formativa para dar resposta ás súas vacantes.

O conselleiro mencionou asemade que ata o 31 de outubro sigue aberto o prazo de solicitudes dunha convocatoria pioneira destinada ao financiamento de accións formativas a demanda do tecido produtivo e dirixidas a persoas traballadoras ocupadas, na que as microformacións -ou experiencias de curta duración- teñen un peso fundamental para que as empresas poidan fragmentar, case de xeito cirúrxico, aquelas competencias que precisan.

Relacionadas

A Xunta inxectará máis de 16M€ ás tres universidades públicas galegas para a contratación...

0
— O Goberno galego ten que asumir o 40% das prazas dun convenio imposto polo Ministerio de Ciencia sen negociación coas comunidades autónomas — Este...

Dous artesáns galegos optan como finalistas aos XVII Premios Nacionais de Artesanía 2024

0
― O torneiro de Tomiño, Aitor Martínez, recentemente galardoado co Premio Talento Joven do Círculo Fortuny, opta ao Premio Produto pola súa colección “Códigos...

A Xunta creará o próximo ano unha marca para poñer en valor Galicia como...

0
— Ángeles Vázquez salienta que esta medida pretende identificar a comunidade como un territorio comprometido co medio ambiente e coa posta en marcha de...

A Xunta aplicará as novas tecnoloxías para optimizar o tratamento automatizado dos datos de...

0
— Ángeles Vázquez salienta que a Comunidade foi pioneira no país en potenciar o uso de medios electrónicos e automáticos entre produtores e xestores...

A Xunta insta ao sector gandeiro a trasladar as súas reivindicacións pola situación do...

0
— Avalían a posibilidade de solicitar ao Executivo central a implementación dalgunha medida transitoria que permita intervencións puntuais de control naquelas contornas que rexistren...

O Centro Dramátio Galego inicia en Lugo a xira do espectáculo ‘Terceiro Acto’ por...

0
— No seu regreso ás táboas, esta montaxe da compañía pública comeza este xoves o percorrido que non lle fora posible desenvolver en 2021...

Publicacións Relacionadas