Home Lugo O Centro Dramátio Galego inicia en Lugo a xira do espectáculo ‘Terceiro...

O Centro Dramátio Galego inicia en Lugo a xira do espectáculo ‘Terceiro Acto’ por oito escenarios

- Anuncio -

— No seu regreso ás táboas, esta montaxe da compañía pública comeza este xoves o percorrido que non lle fora posible desenvolver en 2021 por mor pandemia


— César Cambeiro, Belén Constenla, María Costas, César Goldi e Fernando Morán integran o elenco na nova xeira desta produción, con dramaturxia e dirección de Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, que vén de ofrecer 14 funcións en Santiago


— A viaxe continuará ata o 16 de novembro por Narón, Tui, Pontevedra, O Barco de Valdeorras, Cedeira, A Coruña e Ourense


— O director do CDG, Fran Núñez, impartirá dous obradoiros sobre o proceso de produción teatral para o alumnado universitario do campus lucense

O Centro Dramático Galego inicia este xoves día 24 en Lugo a xira que levará o seu espectáculo Terceiro acto a oito escenarios durante o seu regreso ás táboas co gallo da celebración do 40º aniversario da compañía pública de Galicia. Materializarase así o percorrido que non fora posible levar a cabo con esta produción en 2021 por mor da pandemia.

O Auditorio Municipal Gustavo Freire da capital lucense recibirá esta montaxe o xoves ás 20,30 h., na que será a súa primeira representación fóra do Salón Teatro de Santiago de Compostela, sede da unidade teatral da Xunta. Alí vén de ofrecer 14 funcións tras a súa reestrea do pasado día 3, nas que tamén recibiu público dos preto de 50 concellos que fixeron uso do plan de mobilidade Sobes ao autobús do teatro?

Terceiro acto continuará a súa viaxe ata o 16 de novembro con paradas en Narón (Pazo da Cultura, 26 de outubro), Tui (Teatro Municipal, 31 de outubro), Pontevedra (Pazo da Cultura, 2 de novembro), O Barco de Valdeorras (Teatro Lauro Olmo, 8 de novembro), Cedeira (Auditorio Municipal, 10 de novembro), A Coruña (Teatro Rosalía Castro, 14 de novembro) e Ourense (Teatro Principal, 16 de novembro).

Homenaxe a unha xeración clave
Esta segunda xeira do espectáculo mantén o mesmo espírito de homenaxe a unha xeración clave na profesionalización do teatro galego. Desta volta, César Cambeiro, María Costas e César Goldi uníronse a Belén Constela e Fernando Morán, que xa conformaban o elenco hai tres anos, para levar a escena as diferentes historias do espectáculo orixinal, con dirección compartida entre Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez. Del consérvanse, así mesmo, a escenografía deseñada por Marta Pazos, o vestiario de Yaiza Pinillos, a coreografía de Amaya Galeote e a iluminación de Miguel Ruz, en tanto que Laura Míguez se incorporou como axudante de dirección.

Terceiro acto ofrece unha reflexión sobre a última etapa da vida, á vez que reivindica o papel das persoas maiores na sociedade actual. Sobre as táboas, unha troupe de actrices e actores veteranos reúnese de xeito clandestino pola noite para emprender a que quizais sexa a súa última aventura xuntos. Reviven o que non volverá para entender, para modificar, para se reconciliaren co que xa non está, ao tempo que reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Analizan tamén o seu legado e proxéctanse no futuro incerto para falar sobre a vellez, a morte, os seus anhelos e desexos para esta nova etapa vital.

Dous obradoiros para o alumnado universitario
Coincidindo con este inicio de xira, a Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da Universidade de Santiago de Compostela organiza mañá mércores 23 no campus de Lugo dous obradoiros arredor de Terceiro acto como parte de Faíscas Culturais, programa que ten como obxectivo promover a reflexión cultural entre o alumnado e complementar a súa formación a través de intervencións e actividades de carácter cultural.

Neste caso, contarase co director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, para afondar nas fases da produción teatral desde diferentes perspectivas. Facendo números é o título do primeiro taller, no que estudantes das facultades de Administración e Dirección de Empresas e de Humanidades, baixo a coordinación de Jacobo Feás, poderán coñecer de primeira man este proceso desde un punto de vista eminentemente económico. No segundo, Crear ilimitadamente con límites, o responsable da compañía pública abordará o necesario equilibrio entre creatividade e recursos co alumnado da materia de Proxectos Artísticos da Facultade de Formación do Profesorado, coordinado por Vicente Blanco. A formación completarase coa súa asistencia ao espectáculo no Auditorio Gustavo Freire.

Pola súa banda e tras acoller Terceiro acto durante as pasadas semanas, o Salón Teatro de Santiago recibe estes días os 49 intérpretes que pasaron á fase de audicións do proceso de selección para Mesiña, ponte! (título provisional), unha das producións propias da temporada 2024-2025 do Centro Dramático Galego, para as que se recibiron unhas 300 solicitudes. Para o segundo dos espectáculos, Countdown (título provisional), as probas levaranse a cabo os vindeiros días 30 e 31 coa participación de 40 persoas.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación en varios ríos no concello de Ortigueira que...

0
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 9 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para...

Anxo M. Lorenzo analiza cos responsables de arquivos as accións a desenvolver nos vindeiros...

0
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, mantivo un encontro hoxe cos responsables dos cinco centros arquivísticos xestionados pola Xunta para analizar os...

A Xunta participa nun proxecto europeo de mitigación dos gases de efecto invernadoiro no...

0
― O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), adscrito á Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, acolleu días atrás...

López Campos visita a igrexa de Santa María de Sacos tras finalizar os traballos...

0
Destaca que a actuación, cun orzamento de 330.000€, forma parte do “compromiso do Goberno galego coa salvagarda dos bens patrimoniais e a súa posta...

Xosé Merelles pon en valor os entroidos tradicionais galegos como atractivo turístico en meses...

0
Participou na Estrada na presentación do programa do Entroido dos Xenerais do Ulla que inclúe actividades ao longo do próximo mes e medio O director...

A Xunta avanza na aposta pola atracción de talento emprendedor ao rural coas reunións...

0
— A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social asistiu hoxe en Laxe á segunda xuntanza desta iniciativa, impulsada polo Goberno galego coa...

Publicacións Relacionadas