Home Xunta de Galicia A Xunta concede os premios dos concursos Cosumópolis e Galicons-Net para impulsar...

A Xunta concede os premios dos concursos Cosumópolis e Galicons-Net para impulsar o consumo responsable nos centros educativos de Galicia

- Anuncio -
  • O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe o IES Cacheiras, da Coruña, e o IES Lamas de Abade, de Santiago de Compostela, gañadores nestas dúas iniciativas do Goberno galego
  • Apelou entre os escolares, a facer sempre un consumo responsable e sostible coñecendo sempre os dereitos básicos dos consumidores, sobre todo nun mercado cada vez máis global e dixitalizado

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe ao alumnado do IES Cacheiras, da Coruña, un dos gañadores do certame Cosumópolis (recibiu o primeiro e o terceiro premio da categoría de 1º e 2º curso de ESO) e ao de IES Lamas de Abade, de Santiago de Compostela, premiado no concurso Galicons-Net na categoría de Bacharelato, ciclos formativos de grado medio e grado superior de formación profesional e de educación de persoas adultas. Son dúas iniciativas impulsadas polas consellerías de Emprego, Comercio e Emigración e de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Consumópolis, dun lado, ten como finalidade potenciar a educación para o consumo responsable nos centros de ensino, así como motivar un traballo activo e colaborativo de alumnado de 5º e 6º de primaria, da ESO e FP básica. Con tal fin o concurso consta de dúas partes: a primeira, unha cidade virtual na que o alumnado ten que superar 10 probas aprendendo sobre un consumo máis responsable, crítico, consciente e sustentable, así como os seus dereitos como potenciais persoas consumidoras; e unha segunda parte, que é a realización dun traballo en equipo.

Nesta 19ª edición, organizada baixo o lema Súmate á enerxía responsable, establecéronse tres categorías por idades, concedéndose premios para os tres mellores traballos en cada tramo de idade, dotados con 1.000 euros os primeiros premios, 600 euros os segundos e 300 euros os terceiros.

Na categoría correspondente a 5º e 6º curso de primaria obtiveron o primeiro premio os alumnos do CEIP O Couto, de Ourense; en segundo lugar clasificouse o CPR Plurilingüe Barreiro, de Vigo; e o terceiro posto recaeu no CEIP de Lourido, de Poio (Pontevedra).

No tocante á categoría de 1º e 2º curso de ESO, obtivo o primeiro galardón o IES Cacheiras, da Coruña; o segundo, o IES San Tomé de Freixeiro, de Vigo; e o terceiro foi tamén para o IES Cacheiras (A Coruña).

Na categoría de 3º e 4º de ESO e FP básica resultaron gañadores as alumnas e alumnos do IES Maximino Romero de Lema, de Zas (A Coruña); o segundo lugar recaeu no IES Plurilingüe Fontexeria de Muros (A Coruña); e o terceiro clasificado foi o CPI Armando Cotarelo de Boimorto (A Coruña).

Galicons-Net

En canto ao segundo dos certames, Galicons-Net, ten como obxectivo, a través da realización dun proxecto de innovación educativa, impulsar o consumo responsable nos centros de ensino.

O traballo que se presentou tivo que versar sobre as seguintes temáticas de consumo responsable: consumo e xénero, linguaxe publicitaria, comercio electrónico, servizos financeiros ou etiquetaxe de bens e produtos.

Os premiados do concurso foron na categoría da ESO (12 a 14 anos) alumnos do colexio Lar de Vigo co proxecto Por un consumo informado e responsable; e na modalidade de Bacharelato, ciclos formativos de grado medio e grado superior de formación profesional e de educación de persoas adultas gañou o IES Lamas de Abade co traballo A linguaxe publicitaria.

O mellor proxecto en cada unha das modalidades recibiu un premio de 1.500 euros.

O director xeral de Comercio e Consumo apelou na visita a facer un consumo responsable e sostible tendo sempre en conta os dereitos dos consumidores, en especial nun mercado cada vez máis global e dixital.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación en varios ríos no concello de Ortigueira que...

0
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 9 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para...

Anxo M. Lorenzo analiza cos responsables de arquivos as accións a desenvolver nos vindeiros...

0
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, mantivo un encontro hoxe cos responsables dos cinco centros arquivísticos xestionados pola Xunta para analizar os...

A Xunta participa nun proxecto europeo de mitigación dos gases de efecto invernadoiro no...

0
― O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), adscrito á Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, acolleu días atrás...

López Campos visita a igrexa de Santa María de Sacos tras finalizar os traballos...

0
Destaca que a actuación, cun orzamento de 330.000€, forma parte do “compromiso do Goberno galego coa salvagarda dos bens patrimoniais e a súa posta...

Xosé Merelles pon en valor os entroidos tradicionais galegos como atractivo turístico en meses...

0
Participou na Estrada na presentación do programa do Entroido dos Xenerais do Ulla que inclúe actividades ao longo do próximo mes e medio O director...

A Xunta avanza na aposta pola atracción de talento emprendedor ao rural coas reunións...

0
— A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social asistiu hoxe en Laxe á segunda xuntanza desta iniciativa, impulsada polo Goberno galego coa...

Publicacións Relacionadas