HomeO MorrazoCangasA Xunta contribúe a eliminar un punto de vertido de augas residuais...

A Xunta contribúe a eliminar un punto de vertido de augas residuais no concello de Cangas

- Anuncio -spot_img

Os técnicos de Augas de Galicia detectaron a incidencia tras a notificación dunha alerta recibida polos servizos de emerxencias

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, contribuíu a eliminar recentemente un punto de vertido de augas residuais no concello pontevedrés de Cangas. O persoal do Programa de Control de Vertidos (PCV) do organismo hidráulico iniciou as actuacións tras recibir a notificación dunha alerta recibida polos servizos de emerxencias.

O episodio producíase na rúa Piñeiro, na parroquia de Aldán, como consecuencia da filtración de augas residuais urbanas desde un pozo de rexistro da rede de saneamento que transcorre pola zona e que se atopaba atoado. Os técnicos de Augas de Galicia comunicaron a incidencia á concesionaria das instalacións para que adoptase as medidas oportunas para a súa corrección.

Os técnicos de Augas de Galicia constataron posteriormente a emenda do vertido unha vez que a empresa concesionaria procedeu a desatascar o pozo da rede de saneamento desde o que se estaba producindo a filtración.

Publicacións Relacionadas