Home Xunta de Galicia A Xunta convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública cursos...

A Xunta convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública cursos para o exercicio profesional de socorrismo acuático

- Anuncio -

― Cervo e Baiona acollerán dúas edicións válidas para a inscrición no ‘Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia’

― Nesta semana publicouse tamén a convocatoria dun curso de náutica para obter a licenza de navegación dirixido a persoal das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) para a realización de cursos de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais de Galicia. Trátase de dúas edicións das accións formativas válidas para a inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia. As sesións desenvolveranse no concello lugués de Cervo e no pontevedrés de Baiona nos meses de maio e xuño, con 27 prazas en ambos os casos.

As persoas interesadas en participar nestas accións formativas deben ter a maioría de idade e posuír o título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Deberán tamén superar a proba específica ‘combinada con aletas’, que se realizará o 3 de maio e que constitúe o primeiro módulo formativo dos cursos.

O prazo de inscrición ábrese mañá e prolóngase ata o 26 deste mes a través do formulario de matrícula telemática dispoñible na web da Agasp (http://agasp.xunta.gal).

Estes cursos enmárcanse no plan de formación previsto pola Agasp para 2024 dirixido ao persoal dos servizos de emerxencias que actúan en Galicia, entre os que figuran os profesionais do socorrismo. As prazas ofertadas para este colectivo no que vai de ano superan xa as 300, entre as distintas edicións de formación específica para o acceso e os de reciclaxe.

Curso de náutica
A convocatoria súmase á publicada o pasado luns con catro edicións dun curso de náutica para obter a licenza de navegación, dirixido a persoal das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). Segundo recolle o Diario Oficial de Galicia, cada unha das accións formativas ofrece 20 prazas e impartiranse en escolas náuticas homologadas das catro provincias, cunha duración de seis horas que inclúen formación teórica en liña e práctica presencial.

O calendario prevé o primeiro dos cursos no concello ourensán de Castrelo de Miño, onde arranca o 30 deste mes e se prolonga ata o 5 de maio. En Lugo, o encoro de Belesar, no Saviñao, acolle a seguinte edición do 7 ao 12 de maio. O 14 de maio comeza a formación na Coruña, que se desenvolverá en Miño e Pontedeume ata o 19 dese mes. Por último, o porto deportivo de Vilanova de Arousa será escenario da edición prevista en Pontevedra, que terá lugar do 21 ao 26 de maio.

Para acceder á formación cómpre ter superado o curso básico de Protección Civil e pertencer a un concello adscrito ao Plan de salvamento en praias de Galicia (Sapraga), que teña encoro no que se desenvolvan probas deportivas ou de adestramentos, ou que conten con praias fluviais aptas para o baño. As persoas interesadas deberán cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.gal) co 23 de abril como data límite.

O obxectivo da iniciativa é facilitarlle ao voluntariado de Protección Civil coñecementos de navegación e a capacitación precisa para poder pilotar unha embarcación de ata seis metros no desenvolvemento das funcións encomendadas. Así, o contido teórico do curso abrangue temas como as limitacións á navegación en praias e canles de acceso, normativa respecto ao tráfico marítimo e navegación interior nos portos, formas de gobernar a embarcación e nocións básicas para o uso dunha estación de radio, entre outros. Na parte práctica realizaranse distintas manobras, manexo de cabos e nós básicos e coñecemento e comprobación do motor e de elementos de seguridade.

Centro formativo de referencia
A Agasp é o centro de referencia na formación das forzas e corpos de seguridade en Galicia e tamén dos servizos de emerxencias. Ademais de preparar as novas promocións de Policía Local, ofrece cursos con contidos actualizados e adaptados á realidade do seu traballo diario para garantir a seguridade dos galegos e galegas. Só ao longo do pasado ano, a Academia sumou 175 accións formativas específicas da área de emerxencias nas que participaron máis de 5.600 persoas. A meirande parte destes cursos destináronse á formación do voluntariado de Protección Civil. Así, realizáronse 14 edicións de cursos básicos e 69 edicións de formación continua, con máis de 1.900 participantes en total.

Relacionadas

A Xunta destaca o éxito da V edición do Bono Activa Comercio con preto...

0
José González visita esta tarde dous comercios da rúa Xoán XXIII de Ourense que participan nesta campaña e ofrecen os descontos financiados polo Goberno...

A Xunta reúnese coa AECT Río Minho para abordar os proxectos en marcha en...

0
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse cos responsables desta entidade de cooperación, no marco da rolda de contactos...

A Xunta destina máis de 257.000€ á renovación da instalación da Protección de Incendios...

0
A plataforma Contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación da obra, coa previsión de que poida empezar en setembro cun prazo de execución...

A Xunta apoia o achegamento dos máis pequenos ao oficio da xoiería mediante o...

0
— O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios deste concurso...

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Publicacións Relacionadas