Home Xunta de Galicia A Xunta convoca axudas para as persoas convocadas aos Xogos Olímpicos e...

A Xunta convoca axudas para as persoas convocadas aos Xogos Olímpicos e Paralimpicos de París

- Anuncio -
  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as ‘Axudas Galicia-París 2024’ cun orzamento de 250.000 euros
  • As solicitudes poderán presentarse a partir de mañá ata o 30 de setembro

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria Axudas Galicia-París 2024 cun orzamento de 250.000 euros. Como novidade, a iniciativa está dirixida, ademais de ás persoas deportistas, tamén técnicas e adestradoras, xuíces e árbitros que poderán beneficiarse por primeira vez destas axudas. Os solicitantes deberán atoparse, en todo caso, na convocatoria oficial definitiva para os Xogos Olímpicos e Paralímpicos París 2024.

A medida inclúe sete tipos de axudas de entre 1.500 e 12.000 euros, segundo as funcións que vaia desempeñar a persoa beneficiaria e, no caso dos deportistas, segundo se participaron en anteriores xogos olímpicos ou paralímpicos, e se conseguiron medallas. As bases están dispoñibles na web deporte.xunta.gal.

As persoas interesadas deberán presentar a solicitude preferentemente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal). O prazo comeza mañá e prolóngase ata o 30 de setembro.

Trátase dunha medida de apoio que se suma ás becas para deportistas de alto nivel (DGAN) e para persoas técnicas, adestradoras e persoas xuízas, árbitras galegas de alto nivel (TAXAGAN), estas convocadas por primeira vez en 2023. A través de ambas as liñas, o pasado ano concedéronse preto de medio milleiro de axudas que suman máis de 700.000 euros.

Participación récord

Galicia vai camiño de ter unha representación récord nestes XXOO e PP de París 2024: En torno a uns 70 galegos e galegas están na carreira dos Xogos, e teñen praza asegurada ou marca para optar á súa selección.

Asía, algúns dos deportistas que se poderán acoller a esta convocatoria son os piragüistas Teresa Portela, Carlos Arévalo, Antía Jácome, Rodrigo Germade e Carolina García; a regatista Tamara Echegoyen; os atletas Adrián Ben, Ana Peleteiro, Esther Navarrete e Tariku Novales; a futbolista Teresa Abelleira; ou púxil Enmanuel Reyes. Outros nomes de posibles beneficiarios son Juan Antonio Saavedra en tiro paralímpico, Caetano Horta en remo, Antonio Serrat en triatlón, Susana Rodríguez en paratriatlon, Martín de la Puente e Desiree Vila en atletismo adaptado, Jacobo Garrido en natación adaptada, ou Judith Rodríguez en esgrima adaptada.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas