Home Xunta de Galicia A Xunta convoca catro cursos básicos de auxiliares de policía local que...

A Xunta convoca catro cursos básicos de auxiliares de policía local que suman 240 prazas

- Anuncio -
  • Segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia, desenvolveranse de xeito presencial na Academia Galega de Seguridade Pública a partir de finais de maio
  • Na actualidade estase a desenvolver o proceso selectivo unitario que permitirá cubrir 127 prazas de auxiliar de policía local en 32 concellos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de catro cursos básicos de auxiliares de policía local que se realizarán na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) a partir de finais de maio con 60 prazas cada un deles. As accións formativas están dirixidas ao persoal seleccionado polos concellos para prestar este servizo de xeito temporal, ao que forma parte do proceso selectivo unitario que desenvolve a Agasp en colaboración coas administracións locais e ao integrante da lista de contratación creada no marco de procesos selectivos anteriores.

As sesións realizaranse ao longo de tres xornadas de xeito presencial entre o 27 de maio e o 12 de xuño. Os contidos previstos abordarán a intervención policial, o tráfico e a seguridade viaria, a policía administrativa, os primeiros auxilios e as aplicacións policiais básicas do Dereito Penal e Procesual-Penal. A programación inclúe tamén as relacións coa cidadanía, así como o protocolo e saúdo.

Os concellos interesados en que o seu persoal auxiliar de policía local reciba esta formación deberán remitirlle á Agasp o escrito de solicitude de reserva de praza a partir de mañá. O alumnado procedente do proceso selectivo unitario será inscrito automaticamente pola academia.  

Cómpre lembrar que na actualidade se está a desenvolver o proceso selectivo unitario que permitirá cubrir 127 prazas de auxiliar de policía local en 32 concellos galegos, no que se inscribiron máis de 600 persoas aspirantes. Así tras as probas de avaliación de coñecementos e de lingua galega, este sábado terá lugar en Santiago a de aptitude física con exercicios de potencia de tren inferior con salto e vertical e de resistencia cunha carreira de 1.000 metros lisos.

Acordo cos concellos para a selección

A Xunta coopera desde 2017 cos concellos galegos na selección dos membros dos corpos de policía local, a través dun convenio de colaboración. Na actualidade, 92 concellos teñen acordos vixentes para delegar no Goberno galego, a través da Agasp, a selección e formación dos membros do seu cadro de persoal de policía local mediante as convocatorias de procesos selectivos. Supón máis do 72% dos 127 municipios con corpo de policía local.

As oposicións convocadas no período 2018-2023 permitiron cubrir máis de 1.400 prazas en distintos municipios: 726 de auxiliares de policía local, 607 da categoría de policía, 57 de oficial, 15 de inspector, 2 de inspector principal, e 2 de vixiantes.

A Agasp é o centro de referencia na formación das distintas promocións de Policía Local e das categorías de mandos, así como doutras forzas e corpos de seguridade en Galicia e dos servizos de emerxencias, con contidos actualizados e adaptados á realidade do seu traballo diario para garantir a seguridade dos galegos e galegas. Desde a súa posta en funcionamento en 1993 formou arredor de 170.000 persoas.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas