Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A Xunta creará o próximo ano unha marca para poñer en valor...

A Xunta creará o próximo ano unha marca para poñer en valor Galicia como refuxio climático e as súas accións na loita contra o quecemento global

- Anuncio -

— Ángeles Vázquez salienta que esta medida pretende identificar a comunidade como un territorio comprometido co medio ambiente e coa posta en marcha de iniciativas fronte ao desafío climático impulsando ademais o desenvolvemento económico


— O Executivo galego traslada o seu compromiso de avanzar nunha senda que permitiu á comunidade liderar o descenso nas emisións de gases de efecto invernadoiro desde 1990 e coa que aspira a acadar a neutralidade climática en 2040


— A conselleira destaca o compromiso do sector marítimo-portuario coa transición enerxética e coa rebaixa das emisións ao tempo que salienta que Galicia e a Península Ibérica contan cunha situación estratéxica para poder converterse en pioneiras no desenvolvemento de rutas marítimas verdes

A Xunta vai crear en 2025 unha marca para poñer en valor Galicia como refuxio climático e na que englobar as súas iniciativas para loitar contra o quecemento global. Así o anunciou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante a súa participación na inauguración do congreso Avanzando cara á descarbonización do sector marítimo-portuario en España, organizado pola Alianza Net-Zero MAR.

A representante do Executivo galego salientou que esta medida pretende identificar a comunidade como un territorio comprometido co medio ambiente e coa posta en marcha de accións coas que abordar o desafío climático promovendo a prosperidade, a seguridade e o desenvolvemento de Galicia en todos os eidos.

Nesta liña, incidiu en que esa marca contribuirá a aumentar a concienciación plena da sociedade galega na loita contra o cambio climático, a poñer de relevo o gran esforzo da comunidade autónoma neste eido e a acadar os obxectivos fixados para conseguir a neutralidade climática en 2040.

De feito, Ángeles Vázquez destacou o labor conxunto e transversal de toda a Xunta para seguir avanzando nunha senda que permitiu que Galicia liderase o descenso no balance entre as emisións e as absorcións netas de gases de efecto invernadoiro respecto a 1990 cunha redución de preto do 60%.

Neste cometido, incidiu, terá un papel fundamental a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050, que inclúe distintos obxectivos de neutralidade climática que o Executivo galego elevará ao rango de lei. De feito, ao seu abeiro naceron distintas ferramentas de colaboración público-privada para facer fronte ao quecemento global como a Alianza Galega polo Clima, o Pacto das alcaldías para o clima e a enerxía ou a Rede Local polo Clima, aos que se sumará o vindeiro ano a Lei do clima co fin de elevar todos estes instrumentos ao rango de lei.

A titular de Medio Ambiente e Cambio Climático subliñou que na loita contra os desafíos do quecemento global é fundamental involucrar ao conxunto da cidadanía e que o sector marítimo-portuario está comprometido con ese obxectivo, como demostra o feito de que as cinco autoridades portuarias galegas estean adheridas á Alianza Galega polo Clima, na que tamén están empresas do sector marítimo autonómico.

Nesta liña, salientou o esforzo dos portos de Galicia para situar a comunidade á vangarda da transición enerxética en España apostando por infraestruturas portuarias verdes que xiren arredor das enerxías renovables e impulsen o seu desenvolvemento paulatino tendo en conta tamén os aspectos socioeconómicos.

Ángeles Vázquez lembrou que a Unión Europea aprobou en 2023 un novo regulamento para descarbonizar o sector marítimo que busca incrementar o uso de combustibles renovables e reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro do transporte marítimo pasando dun 2% en 2025 a un 80% en 2050. Nese reto, engadiu, debe buscarse unha descarbonización compatible co crecemento económico e ser conscientes en todo momento de que Galicia e a Península Ibérica están situadas estratexicamente para converterse en pioneiras no desenvolvemento de rutas marítimas verdes.

O evento
O congreso organizado pola Alianza Net-Zero MAR celébrase entre hoxe e o xoves na Coruña coa participación de distintos expertos do sector marítimo-portuario para abordar cuestións de actualidade como a normativa relativa á descarbonización do transporte, sobre os combustibles dos buques ou sobre o xeito de mellorar a eficiencia enerxética das instalacións portuarias.

Ao abeiro destas xornadas tamén coñecerán algunhas das principais instalacións portuarias de Galicia e os pasos que están dando para avanzar na transición cara enerxías máis limpas e respectuosas co medio ambiente.

Relacionadas

A Xunta aplicará as novas tecnoloxías para optimizar o tratamento automatizado dos datos de...

0
— Ángeles Vázquez salienta que a Comunidade foi pioneira no país en potenciar o uso de medios electrónicos e automáticos entre produtores e xestores...

A Xunta insta ao sector gandeiro a trasladar as súas reivindicacións pola situación do...

0
— Avalían a posibilidade de solicitar ao Executivo central a implementación dalgunha medida transitoria que permita intervencións puntuais de control naquelas contornas que rexistren...

O Centro Dramátio Galego inicia en Lugo a xira do espectáculo ‘Terceiro Acto’ por...

0
— No seu regreso ás táboas, esta montaxe da compañía pública comeza este xoves o percorrido que non lle fora posible desenvolver en 2021...

A Xunta celebra o Día das Bibliotecas en Pontevedra con cinco actividades para todos...

0
Co gallo desta efeméride que se celebra o xoves, día 24, a Biblioteca Antonio Odriozola acollerá mostras, espectáculos de narración oral, visitas guiadas e...

A Xunta subliña a necesidade dunha intelocución do ministerio coas Comunidades Autónomas para o...

0
A directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, e o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández, participaron no...

Ángeles Vázquez analiza coaa directora de mercados de carbono e mobilidade limpa da Comisión...

0
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático destaca a importancia de que o Tribunal de Xustiza da UE resolva o antes posible a...

Publicacións Relacionadas