HomeXunta de GaliciaA Xunta de Galicia apoia a Noite Galega das persoas investigadoras que...

A Xunta de Galicia apoia a Noite Galega das persoas investigadoras que inclúe máis de 200 actividades nas sete cidades galegas

- Anuncio -spot_img
  • Esta cita celebrarase o 26 de setembro simultaneamente en multitude de cidades europeas para achegar a ciencia á sociedade dun xeito ameno e participativo
  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, participa en Vigo na presentación deste evento de divulgación científica

A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, participou esta mañá na rolda de prensa de presentación da Noite Galega das Persoas Investigadoras celebrada en Vigo. Esta cita de divulgación da ciencia celebrarase o venres 26 de setembro nas sete grandes cidades galegas, de xeito simultáneo ao resto de Europa. O evento está coordinado pola Universidade de Vigo e coa participación das universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, os centros do Consello Superior de Investigacións Científicas en Galicia e outros centros de coñecemento galegos.

Nesta edición da cita, que conta de novo co apoio económico da Xunta, inclúe máis de 200 actividades, abertas, gratuítas e dirixidas a todas os públicos, co obxectivo de achegar a ciencia á sociedade dun xeito lúdico e participativo. A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou que este evento “é unha oportunidade única para que a cidadanía coñeza de primeira man o persoal investigador que desenvolve un papel fundamental e que ás veces é pouco coñecido”.

Carmen Cotelo apuntou tamén a importancia deste tipo de actividades para formar, reter, atraer e retornar talento cara Galicia, a través do fomento das vocacións científico-tecnolóxicas, e para visibilizar e posicionar a marca Galicia en I+D+i. Por último, agradeceu aos organizadores e participantes a súa implicación, que amosa o compromiso coa comunicación social da ciencia dos centros de investigación galegos e do seu persoal e entidades colaboradoras.

A información detallada das actividades pode consultarse na páxina web do evento.

Publicacións Relacionadas