O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, participou esta mañá na Comisión provincial de violencia de xénero de Pontevedra. Na xuntanza, avaliaron as necesidades e novas demandas para combater a violencia contra as mulleres ao mesmo tempo que se fixo fincapé na importancia da colaboración interinstitucional para seguir avanzando nunha sociedade máis igualitaria.



