Home Xunta de Galicia A Xunta designa o trbunal para as probas de aptitude profesional para...

A Xunta designa o trbunal para as probas de aptitude profesional para exercer como conductor de trasporte de mercadorías ou de viaxeiros por Estrada

- Anuncio -
  • o longo de 2025 haberá oito convocatorias en distintas categorías co obxectivo de  acadar os certificados profesionais para a condución de distintas categorías de vehículos: camión (C), autobús (D) e remolque (E)
  • O prazo da primeira das probas pechouse o pasado 30 de decembro e corresponde ao tribunal fixar a hora e a data cunha antelación mínima de 10 días hábiles antes da súa celebración

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a composición do tribunal para o desenvolvemento das probas de aptitude profesional (CAP) para o exercicio de condutor de transporte de mercadorías e de viaxeiros por estrada.

A resolución de nomeamento do tribunal para obter o certificado do CAP, integrado por cinco membros da Dirección Xeral de Mobilidade – presidente, tres vogais e o secretario- , inclúe a convocatoria das probas para este ano 2025. A Xunta realizará oito convocatorias ao longo deste exercicio para a obtención do CAP.

O prazo de inscrición para a primeira delas pechouse o pasado 30 de decembro, correspondendo ao tribunal a fixación da hora e data dos exercicios desta e seguintes convocatorias das probas, que se celebrarán en Santiago de Compostela. A mesma será publicada na web da dirección xeral de Mobilidade cunha antelación mínima de dez días hábiles á celebración.  

As persoas admitidas nas convocatorias para obter o certificado de aptitude profesional serán convocadas para cada exercicio nun único chamamento, debendo presentarse á realización das probas provistas de DNI o documento acreditativo da súa identidade.

O tempo para a realización do exame será de dúas horas, valorándose con 1 punto as respostas correctas, e as erróneas contestadas penalizaranse con 0,5 puntos negativos. Para aprobar o exame será necesario obter unha puntuación non inferior á metade do total de puntos posibles.

Estas convocatorias correspóndenlle á Xunta. As persoas aspirantes deben superar os cursos de formación e cumprir os requisitos esixidos no Real Decreto 284/2021, de 20 de abril, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos conductores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada, para poder participar nas probas de constatación da cualificación inicial.

O certificado de aptitude profesional acreditará que o condutor superou os cursos e os exames esixidos e será expedido polos órganos autonómicos competentes para o outorgamento de autorizacións habilitantes para a realización do transporte público discrecional de viaxeiros e mercadorías por estrada. Estes dispositivos reforzan as garantías de seguridade e transparencia e incrementan a profesionalización e a competitividade no sector do transporte.

Os exames teñen como obxectivo acadar os certificados profesionais para a condución de distintas categorías de vehículos: camión (C), autobús (D) e remolque (E). 

De modo máis concreto, levaranse a cabo probas para as categorías D1, que inclúe vehículos de non máis de 16 pasaxeiros, ademais do condutor e remolque de ata 750 quilos; e D1 + E, que lle engade á anterior descrición o remolque de máis de 750 quilos. Tamén se desenvolverán probas para as categorías D, é dicir, vehículos de máis de oito pasaxeiros e sen límite superior, ademais do condutor e remolque ata 750 quilos; ou D + E, que engade á anterior descrición a posibilidade de remolque de máis de 750 quilos. 

No caso dos camións, haberá exames para o certificado C1, para vehículos de 3.500-7.500 MMA e ata oito pasaxeiros; C1 + E, con remolque de máis de 750 quilos; C, para camións de máis de 3.500 MMA (masa máxima autorizada) e remolque de ata 750 quilos; ou C + E, vehículos de máis de 3.500 MMA e sen límite e remolque de máis de 750 quilos. 

Relacionadas

Medio Rural pon en valor a Central Agropecuaria de Galicia en Silleda como referente...

0
A conselleira María José Gómez asistiu á segunda poxa de gando celebrada no que vai de ano nesta Central e salientou que este é...

A Xunta convoca hoxe as probas de avaliación en competencias clave para acceder á...

0
A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, avaliará os coñecementos en matemáticas, lingua galega, lingua castelá e inglésEstá dirixida a persoas que...

A Xunta salienta que o Censo do patrimonio marítimo servirá de base para elaborar...

0
— Ángeles Vázquez indica que esta iniciativa, que é desenvolvida pola Universidade da Coruña con financiamento do Goberno galego, permitirá ofrecer datos clave para...

Belén do Campo anima aos alumnos de Secundaria a participar no Concurso #PARQUEVIBRAS creando...

0
― A delegada destacou que esta nova iniciativa busca dar a coñecer entre a mocidade galega os seis parques naturais de Galicia para concienciar...

As visitas nos Museos da Xunta medran un 23% no ano 2024 ata superar...

0
— No balance do exercicio están incluídos 13 centros xestionados polo Executivo autonómico nas catro provincias galegas — Entre os espazos, destaca o incremento de...

A Xunta salienta o impacto social e económico do automobilismo en Galicia

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañados polo delegado territorial...

Publicacións Relacionadas