Os conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participaron hoxe na inauguración da mostra 1970-2024 Desassossegos Manuel Patinha que se expón no centro cultural ferrolán Torrente Ballester. Na súa intervención, Diego Calvo salientou a ampla e diversa traxectoria deste artista luso afincado desde hai anos en Galicia, ademais de incidir na importancia da divulgación da súa obra e de que o seu coñecemento se transmita tamén a xeracións futuras.
Pola súa banda, José López Campos destacou a grande oportunidade de descubrir ao Patinha máis alá da escultura, nas súas distintas vertentes, e sinalou que esta mostra serve como símbolo da unión entre o pobo portugués e o galego, destacando o vínculo co mundo lusófono que se amosa neste caso no ámbito artístico, sendo a lingua tamén a que sempre lembra ese lazo con Portugal.

