Home Ourense A Xunta lembra en Ourense que continúa aberto o prazo para solicitar...

A Xunta lembra en Ourense que continúa aberto o prazo para solicitar as axudas para fomentar a sustentabilidade no sector dos recursos naturais

- Anuncio -

— Os interesados poderán presentar as instancias ata o 8 de abril

— O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá Cupa Pizarras, en Carballeda de Valdeorras

— Os apoios, que se tramitarán por orde de solicitude, contan cun orzamento de 2,4 M€ e cinco liñas para avanzar na mellora ambiental e laboral, así como para promover a certificación das empresas desta industria

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá Cupa Pizarras, en Carballeda de Valdeorras, onde lembrou que as axudas para fomentar a sustentabilidade no sector dos recursos naturais continúan abertas ata o vindeiro 8 de abril.
O director xeral puxo como exemplo destes apoios as actuacións realizadas por Pizarras O Cortello -do grupo Cupa-, beneficiaria da última convocatoria. En concreto, acometeu a substitución dos motores de aspiración así como actuacións sobre os tubos na nave Valiñas 1; ademais, substituíuse o filtro húmido e reacondicionouse a tubaxe na nave Valiñas 2.
Tal e como explicou o director xeral, nesta convocatória -á que se destina 2,4 M€- haberá cinco liñas destinadas a empresas privadas do sector mineiro, incluído o subsector da auga mineral natural e o de actividades relacionadas co sector mineiro como é a de elaboración de rocha ornamental, así como as que se dediquen á explotación de balnearios e que realicen a súa actividade ou conten con algún centro de traballo en Galicia.
Unha das liñas apoiará os investimentos destinados a mellorar a calidade do ambiente atmosférico das zonas onde se desenvolve a actividade mineira e, en especial, mediante a redución de emisións de po e ruído. Outras dúas liñas impulsarán investimentos para mellorar as condicións das persoas traballadoras, en especial na redución da exposición ao po e o ruído: unha dirixirase ao sector mineiro en xeral e inclúe, investimentos tamén en redución das vibracións e medidas de seguridade, hixiene industrial e ergonomía; e a outra ao da rocha ornamental. A intensidade da axuda será como máximo do 60% para as pequenas empresas, 50% para medianas e 40% para grandes, cun máximo de 100.000 euros na primeira e segunda liña, e 50.000 para a terceira.
Por outra banda, outorgaranse axudas para mellorar a conservación e xestión sustentable dos acuíferos ou captacións dos aproveitamentos de augas minerais, termais e de manancial. Apoiaranse investimentos que incrementen a protección do recurso hídrico, especialmente as que poidan previr afeccións e a contaminación das contornas de captación. Neste caso a axuda máxima será de 50.000 euros.
Por último, apoiaranse os procesos de implantación e certificación das normas UNE 22480: 2019 Sistema de Xestión mineira sustentable e UNE 22470: 2019 Sistema de Xestión mineiro, mineirometalúrxica e metalúrxica sustentable, que acreditan a implantación dun sistema de xestión mineira sostible nas empresas deste sector. A axuda máxima será de 3.000 euros.

Relacionadas

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés desenvolve...

0
― Ao longo do 2024 se están a revisar todas as pautas de vacinación das persoas institucionalizadas, e, en concreto, as do pneumococo e...

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

A Xunta activa desde hoxe a descarga por parte de particulares da 5ª Edición...

0
― A iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración permitirá mobilizar 12 millóns de euros en compras nos establecementos de proximidade, a través...

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

Publicacións Relacionadas