HomeXunta de GaliciaA Xunta destaca a importancia da formación continua dos profesionais de Dereito...

A Xunta destaca a importancia da formación continua dos profesionais de Dereito Concursal para actualizar os coñecementos ante os constantes cambios lexislativos

- Anuncio -spot_img

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participa na inauguración do ‘XIX Encontro en Galicia de profesionais do Dereito Concursal’, onde definiu este colectivo como “unha peza esencial na estrutura económica e empresarial para contar cun sistema xudicial eficiente”

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou hoxe inauguración do XIX Encontro en Galicia de profesionais do Dereito Concursal, organizado polo Consello Galego de Economistas. Na súa intervención, destacou a necesidade de xornadas coma estas para ofrecer unha formación continua aos profesionais do dereito concursal co obxectivo de actualizar e intercambiar coñecementos ante o avance e o cambio continuo da lexislación. Nesta liña, incidiu no compromiso da Xunta para precisamente tamén apoiar actividades de formación coas que os profesionais poidan adquirir habilidades e ofrecer servizos de calidade.

Ademais, o director xeral referiuse á importancia de poñer o foco nos profesionais do dereito concursal, pola súa vontade deste por mellorar o sistema, manter a viabilidade das empresas e, cando non é posible, proceder á súa liquidación no menor tempo posible e coas máximas garantías e beneficio para os acredores. Así, considera que este colectivo é “unha peza fundamental na estrutura económica e empresarial do sistema” e, xunto cos xulgados do Mercantil, “unha parte esencial para contar cun sistema xudicial eficiente”.

Por último, puxo en valor a calidade dos participantes no encontro e que se aborden asuntos como os plans de reestruturación e a sustentabilidade empresarial, os concursos sen masa e as súas consecuencias para as persoas traballadoras ou a valoración das empresas familiares. Tamén destacou que se trate como se xestionan os procedementos de insolvencia en Portugal, o que permitirá, “aproveitar prácticas ou experiencias para a actividade diaria” segundo as similitudes e diferencias do seu sistema.

Publicacións Relacionadas