Home Xunta de Galicia A Xunta destaca a súa aposta a prol do emprego inclusivo e...

A Xunta destaca a súa aposta a prol do emprego inclusivo e da integración laboral das persoas con discapacidade no sistema produtivo

- Anuncio -

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, destacou hoxe a aposta da Xunta a prol do emprego inclusivo e da integración laboral das persoas con discapacidade no sistema produtivo. Nesta liña, puxo de relevo o apoio do Goberno galego ao labor dos centros especiais de emprego, un eido ao que leva destinados máis de 126 millóns de euros nos últimos seis anos co obxectivo de atender de xeito máis eficaz as necesidades dos beneficiarios, favorecendo a súa inserción no mercado laboral.

Así o salientou no marco da rolda de prensa de Inserta Empleo para presentar os programas estatais FSE+ de Emprego Xuvenil e de Inclusión Social, garantía infantil e loita contra a pobreza. Precisamente a entidade Inserta Empleo, dependente da Fundación ONCE, recibiu desde 2009 distintos apoios do Executivo autonómico ao abeiro das axudas destinadas aos centros especiais de emprego. Ademais, Pablo Fernández, fixo referencia o apoio de 3 millóns de euros para incentivar a contratación de persoas con discapacidade ou risco exclusión social no marco do programa Galicia Emprega 2025.

Relacionadas

A Xunta destina máis de 300.000 euros para o reforzo da atención a maiores...

0
O Executivo galego investiu máis de 134.000 euros para a adquisición dun vehículo e a realización de melloras no centro de día e no...

A Xunta lamenta que Galicia non poida contar este ano con novas unidades xudiciais...

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que a falta de orzamentos estatais impediu que Galicia arrinque o exercicio con novos tribunais —...

A Xunta reclama ao Goberno Central unha maior colaboración e a asignación de Fndos...

0
― José González insta á necesidade de sumar esforzos entre administracións, demandando que Galicia acceda a recursos Next Generation -que o Goberno reservou e...

A Xunta destaca o labor do Ceida para espertar a conciencia ambiental da cidadanía...

0
— Ángeles Vázquez salienta o traballo que desenvolve a entidade coa organización dunha ampla oferta de actuacións de dinamización, sensibilización, divulgación, formación e comunicación,...

Belén do Campo supervisa a zona na que se levará a cabo o acondicionamento da AC-421 na Agualada, en Coristanco, que suporá un investimento de case 764.000€ e inclúe unha senda peonil

0
― A Xunta prevé licitar a execución das obras ao longo do exercicio ― Trátase da humanización do treito inicial desta vía, que inclúe a...

A Xunta e a Federación Galega de Caza avalían vías de colaboración para a...

0
Coinciden na necesidade de que as comunidades autónomas poidan realizar accións de control puntual sobre o loboÁngeles Vázquez pon en valor o esforzo da...

Publicacións Relacionadas