A Xunta destaca a traxectoria do Equipo Team Farto como exemplo da progresión do ciclismo feminio en Galicia

Redacción
Lectura mínima de 2

―    O secretario xeral para o Deporte e a directora xeral de Promoción da Igualdade participan na presentación do equipo para a presente temporada

―    Roberto García incide no apoio do Goberno galego para seguir traballando pola igualdade de oportunidades e a visibilidade das ciclistas

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, e a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, asistiron hoxe en Pontevedra á presentación do equipo Team Farto-Kiroo para a presente temporada, acto no que estiveron acompañados polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera. Na súa intervención, Roberto García destacou a progresión que vén experimentando o ciclismo feminino en Galicia nas últimas décadas.

Nesta liña, o secretario xeral para o Deporte felicitou o Team Farto por apostar, dende a súa fundación en 2011, pola formación dende idades temperáns e por actuar como referente e visibilizar a práctica ciclista das mulleres cunha relevante traxectoria competitiva, que o levou a ser en 2021 o primeiro equipo feminino galego en categoría UCI continental e a conquistar a pasada temporada o subcampionato do ranking nacional por equipos elite e sub 23.

Salientou, así mesmo, a diversidade do Team Farto como un dos seus sinais de identidade e incidiu con que conta co apoio da Xunta para seguir traballando pola igualdade de oportunidades e a visibilidade das ciclistas.

Comparte este artigo