Home Xunta de Galicia A Xunta destaca o labor do obradoiro ‘Arte Arrebol’ para a protección...

A Xunta destaca o labor do obradoiro ‘Arte Arrebol’ para a protección e mantemento do entroido tradicional de Xinzo de Limia

- Anuncio -
  • O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron hoxe este taller, especializado na elaboración das máscaras da tradicional Pantalla de Xinzo de Limia
  • Aurora Dacal e Santiago Martínez son o equipo deste obradoiro —o único dedicado á elaboración de máscaras de Entroido inscrito en Artesanía de Galicia— que dedican parte do seu traballo a divulgar o seu oficio con cursos de formación

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegáronse esta mañá ata o obradoiro Arte Arrebol, situado en Xinzo de Limia, especializado na elaboración da máscara tradicional dunha das figuras  máis recoñecibles do Entroido ourensán, a Pantalla de Xinzo.

Durante a súa visita —na que tamén estivo presente o alcalde do municipio, Amador Díaz— Alén destacou o papel deste obradoiro no mantemento, protección e impulso do entroido tradicional de Xinzo de Limia, que conseguen non só coa súa propia produción senón a través dos cursos de formación.

Arte Arrebol está formado polos artesáns Aurora Dacal e Santiago Martínez, que desde hai tres anos dedican parte do seu traballo á divulgación do seu oficio e á transmisión das técnicas tradicionais de elaboración das pantallas, co obxectivo de protexer o Entroido de Xinzo e de manter viva esta tradición. Para facer cada pantalla empréganse materiais coma o papel, a fariña, a auga, o cartón, o feltro e arredor de 60 horas de traballo.

Gabriel Alén destacou a riqueza dos entroidos tradicionais entre os que destacan os da provincia de Ourense, sendo o de Xinzo de Limia un dos referentes máis senlleiros.  

Relacionadas

A inserción laboral dos universitarios galegos incrementouse en case  30 puntos na última decada...

0
— Román Rodríguez destaca que esta evolución “demostra que temos unha oferta cada vez máis axusta ás necesidades do tecido socioprodutivo” — Pon en valor...

A Xunta reforza no Polo do Carballiño as estratexias colaborativas de emprendemento, avogando pola...

0
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou na xornada ‘Dinamización do ecosistema emprendedor’, que reuniu a diferentes axentes do...

A Xunta impulsa a avaliación da eficacia e impacto das súas políticas activas de...

0
José González pon en valor que a firma deste marco colaborativo supón dar un paso fundamental na fiscalización independente e autónoma das medidas promovidas...

A Xunta publica a nova convocatoria de axudas aos concellos para efeciencia enerxética dotada...

0
Anunciouno o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, quen visitou Monforte de Lemos para coñecer as melloras previstas ao abeiro da anterior...

A directora Mar Coll protagoniza unha nova sesión do ciclo sobre cine e perspectiva...

0
A directora catalá Mar Coll protagonizou na tarde de onte un novo cheo na Filmoteca de Galicia con motivo da presentación e proxección da...

Xosé Merelles salienta os máis de 47M€ que destina a Xunta de Galicia para...

0
Fixo balance do apoio de Turismo de Galicia aos hoteis, pensións, casas de turismo rural, cámpings e albergues e anunciou un incremento de 1M€,...

Publicacións Relacionadas