Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A Xunta destaca o potencial do Mercado Municipal de Tui na innivación...

A Xunta destaca o potencial do Mercado Municipal de Tui na innivación e dinamización do comercio local

- Anuncio -

— O director xeral de Comercio e Consumo asistiu á inauguración do Mercado de San Antonio, renovado recentemente e que conta co apoio do Goberno galego dentro das axudas de impulso aos Mercados Excelentes

— A convocatoria de 2024 destinada a este fin está dotada con case 1,3 M€ para promover tanto accións dirixidas á mellora dos Mercados Excelentes como actuacións encamiñadas a que outros poidan acadar o selo

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu hoxe ao acto de inauguración do Mercado de San Antonio, en Tui, renovado recentemente e que conta co apoio da Xunta dentro das axudas de impulso aos Mercados Excelentes, que están dotadas este ano cun orzamento de preto de 1,3 millóns de euros. Alí o director xeral estivo acompañado polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, puxo esta praza de abastos como exemplo de aposta polo comercio local innovador e de dinamización do territorio.
Ademais, o representante autonómico lembrou que a convocatoria de impulso aos Mercados Excelentes da que é beneficiario o Concello de Tui busca potenciar as prazas de abastos e mercados e enmárcase no compromiso do Goberno galego para revitalizar estes espazos comerciais como xeradores de riqueza e emprego.
Neste caso concreto, Gabriel Alén celebrou a nova etapa desta desta instalación na que locais e visitantes poden adquirir produtos frescos e de calidade e definiu este tipo de espazos como o mellor escaparate do produto galego agroalimentario de calidade e ao mesmo tempo como un polo de atracción turística e de dinamización das vilas.
Axudas para o impulso da Rede de mercados excelentes
Na convocatoria de axudas do Goberno galego para o impulso aos Mercados Excelentes hai achegas tanto para os que xa conten co selo de Mercado Excelente, como para os que o queiran implantar. En concreto, para potenciar a Rede de mercados excelentes de Galicia, os municipios que xa conten con esa figura poden recibir axudas para accións enfocadas ao mantemento e mellora deste estándar de calidade, ademais de, como novidade, desenvolver campañas de dinamización comercial cun investimento máximo de 10.000 euros e para o deseño da imaxe corporativa do mercado.

Mentres, as prazas de abastos que non sexan aínda Mercado Excelente poden sufragar accións de mentoring e de formación dos praceiros e praceiras, de consultoría especializada, de diagnose da situación e usos do mercado ou a elaboración da documentación necesaria para levar a cabo as actuacións destinadas a acadar o selo, entre outras actuacións.
Nesta mesma dirección, nas axudas a municipios hai dúas liñas máis de achegas, destinadas a adquisición de equipamento e eficiencia enerxética. Canto ás asociacións de prazas de abastos e mercados, poden financiárselles actuacións de dinamización e revitalización no marco de proxectos de incentivación da demanda e do consumo ou mantemento dos marketplace, na mesma liña que no relativo ás federacións.
Cómpre engadir que o indicativo de Mercado Excelente pode ser solicitado por concellos, asociacións ou federacións de prazas de abastos e mercados, e outórgase en base ao cumprimento duns estándares definidos pola Xunta en coordinación co sector, para atender ás novas realidades e potencialidades destes espazos.

Relacionadas

Lete Lasa destaca a importancia de contar en Galicia con Luis de la Fuente...

0
_Subliña a importancia de contar con este evento en Galicia que motiva e impulsa a traxectoria dos técnicos e técnicas galegas e lembra que,...

Máis de 350 estudantes par y participan este curso nos programas de interrcambio da...

0
Estas mobilidades realízanse ao abeiro dos programas EduFrance, EduMob e PicassoMob nas rexións Hauts-de-France, Bretagne, Académique, Grand Est e Bourgogne-Granche Comté Un total de 350...

O premio de Relato Curto ‘Nortear’ impulsado pola Xunta recae no escritor Culleredense Manuel...

0
Dotada con 3.000 euros, a iniciativa nace da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Consellería de Cultura, Lingua...

A Xunta destina preto dun millón de euros a impulsar actividades de promoción da...

0
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou nas primeiras xornadas de igualdade organizadas pola ANPA do Colexio Virxe Milagrosa A directora xeral...

A Xunta anuncia a licitación das obras da nave de deportes naúticos da sociedade...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Alvárez presentaron hoxe as obras que...

Rueda encomia o labor de elPulpo como gran representante da marca Galicia

0
- Resalta a figura de Luis de la Fuente á fronte da selección - Salienta á marca e á entidade deportiva como referentes nos seus...

Publicacións Relacionadas