Home Xunta de Galicia A Xunta destaca o sector da artesanía como motor para atraer talento...

A Xunta destaca o sector da artesanía como motor para atraer talento e vertebrar o territorio

- Anuncio -

― José González fixo fincapé no valor da marca Artesanía de Galicia como selo de identidade propia e garantía de calidade


― Expuxo que a feira Corazón de Artesanía contribúe a poñer en valor o selo Artesanía de Galicia e a crear sinerxías e colaboracións con outras disciplinas como a gastronomía, a través dos showcookings e degustacións de Artesanía no Prato


― Trátase dun grande escaparate do sector avalado por recoñecementos como o Premio Nacional de Artesanía 2023 na categoría para Entidades Públicas


― O Goberno galego leva investidos máis de 25,13 millóns de euros para potenciar este sector a través de medidas como ordes de axudas para obradoiros artesanais, concellos e asociacións para impulsar a comercialización e a competitividade

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, puxo hoxe en valor en Agolada o sector da artesanía, ao que definiu como motor para atraer talento e vertebrar o territorio. Así o sinalou durante a súa visita á XI edición da feira Corazón da Artesanía, que se celebra ata hoxe, e onde estivo acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro.
Alí tamén destacou a contribución deste sector á idiosincrasia galega e a difundir a tradición de oficios como xoiería, ourivería, olería, redeiras, carpintería, sombreiraría, instrumentos musicais e tapicería, entre outros, apoiándose na innovación. Nesta liña, fixo fincapé no valor da marca Artesanía de Galicia como selo de identidade propia e garantía de calidade.
En canto a Corazón da Artesanía, expuxo que esta cita é clave para o sector pois contribúe a poñer en valor o selo Artesanía de Galicia e a crear sinerxías e colaboracións con outras disciplinas como a gastronomía a través dos showcookings e degustacións que se desenvolven nesta feira dentro do programa Artesanía no Prato.
Trátase dun grande escaparate avalado por recoñecementos como o Premio Nacional de Artesanía 2023 na categoría para Entidades Públicas grazas ao seu papel para impulsar a competitividade do sector e achegar a todos os públicos os oficios artesanais tradicionais. Ademais, esta cita contribúe a impulsar o nacemento de novas vocacións artesanais, o asociacionismo e o cooperativismo.
A mostra conta cun total de 53 profesionais da artesanía, 36 como expositores, 14 como docentes nos cursos especializados e obradoiros abertos a todos os públicos, e diferentes artesáns que participan achegando soportes para Artesanía no Prato. Entre eles, algúns como o cesteiro Álvaro M. Leiro, a zoqueira Elena Ferro ou o obradoiro Seivane, os tres Premios Nacionais de Artesanía.
Apoio da Xunta de Galicia
O Goberno galego apoia ao sector artesanal con distintas medidas como os máis de 25,13 millóns de euros que leva investidos a través de vías como ordes de axudas para obradoiros artesanais, concellos e asociacións para impulsar a comercialización e a competitividade da artesanía galega, así como a estratexia integral para a promoción do sector, apostando pola innovación e a adaptación a novas tendencias.
A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, tamén desenvolve o programa Aprender da tradición. Oficios e técnicas, que impulsou en novembro de 2023 a e que terá continuidade. Grazas a el, máis dun cento de persoas levan participado ata o de agora nas distintas accións de formación continua para conservar e renovar técnicas e oficios tradicionais e para captar novos talentos que aseguren o futuro da artesanía galega.
Ademais, esta semana o Diario Oficial de Galicia publicou a convocatoria de 2024 dos Premios Artesanía de Galicia, cos que o Executivo galego busca recoñecer a mestría, a traxectoria e o talento no sector artesanal galego.

Relacionadas

José González destaca o compromiso da Xunta coa comunidade galega en Suíza e realza...

0
― Remarcou a implicación da Xunta cos galegos do exterior, uns días despois de pedir ao Goberno de España que elimine as desigualdades que...

Rueda destaca o compromiso da Xunta cos novos creadores e con impulsar proxectos culturais...

0
— Asegura que ferramentas coma as residencias artísticas son “motores” para garantir “o futuro” do sector cultural — A Xunta poñerá en marcha nos vindeiros...

Medio Rural inclúe nos orzamentos de 2025 máis de 4 M€ en investimentos en...

0
― Máis da metade dos fondos comprometidos e orzamentados (2,5 millóns de euros) destinaranse ao edificio de servizos integrados da Consellería en Lalín ― Ademais,...

A Xunta fai fincapé na importancia de dar maior visibilidade e informar sobre o...

0
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou hoxe nas oitavas xornadas ‘Ti tamén formas parte do TDAH’, organizadas pola Asociación TDAH...

A Xunta destina en 2025 medio millón de euros ao impulso de áreas de...

0
― O Goberno galego publicará unha orde de axudas para o desenvolvemento de aparcadoiros protexidos que dispoñan de instalacións axeitadas e servizos precisos ― A...

A Xunta aposta pola humanización da Xustiza coa remodelación das Salas Gesell

0
― O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe o espazo situado nas instalacións da subdirección do Instituto de Medicina Legal...

Publicacións Relacionadas