- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución desta convocatoria de 2024
- Permite aos establecementos avanzar na implantación do comercio electrónico ou doutras aplicacións de mellora relacionadas coas novas tecnoloxías, ademais de sufragar reformas nos locais, obras para a eficiencia enerxética ou equipamento
Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2024.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da convocatoria deste ano para a transformación dixital, a innovación e a modernización do sector comercial e artesanal. Así, distribúense máis de 2 millóns de euros entre máis de 400 beneficiarios de toda Galicia, máis dun 82% deles comercios e o resto obradoiros artesanais.
Cómpre sinalar que esta orde de axudas está dirixida tanto a comercios retallistas como a obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
Ligazón á resolución no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240821/AnuncioG0767-090824-0003_gl.html

