Free Porn
xbporn
Home A Coruña A Xunta destinará 3M€ a poñer en marcha un novo Fondo de...

A Xunta destinará 3M€ a poñer en marcha un novo Fondo de Cooperación cos concellos para que compren ou promovan vivendas para alugueiro social

- Anuncio -

— Este novo programa de préstamos empezará a funcionar o próximo ano e virá completar ao fondo que xestiona o IGVS desde 2017 para garantir aos concellos o financiamento necesario para acometer certas obras

— Ángeles Vázquez subliña que grazas a este programa a Consellería axudou xa a executar case medio cento de actuacións en 25 municipios por importe de 11 M€

— O Concello de Noia levará a cabo unha reforma completa do antigo estaleiro de Hermida grazas aos 400.000 € do préstamo que lle concedeu a Xunta este ano

A Xunta de Galicia reservará inicialmente 3 millóns de euros nos orzamentos do próximo ano para convocar por primeira vez un Fondo de cooperación coas entidades locais destinado a apoialas no financiamento da adquisición e promoción de vivendas de nova construción para alugueiro social.

Así o avanzou esta mañá en Noia a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante o acto de sinatura dos convenios correspondentes á última convocatoria do Fondo de cooperación de rehabilitación do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), un instrumento de apoio financeiro a concellos de menos de 50.000 habitantes para proxectos de recuperación do patrimonio construído.

Este ano, tal e como explicou a responsable autonómica, serán 11 as actuacións municipais que se executarán ao abeiro deste programa grazas aos convenios de colaboración asinados hoxe entre a Consellería e os 9 concellos beneficiarios. Deste xeito, as entidades locais poderán acceder a préstamos sen xuros para financiar os seus proxectos, fondos que deberán devolverlle ao IGVS nun prazo de ata oito anos.

Un dos concellos que se acolleu a esta última convocatoria é o de Noia, que utilizará o préstamo da Xunta de 400.000 € para rehabilitar e reconverter na nova sede do Club do Mar do municipio o antigo estaleiro de Hermida, instalacións que precisamente acolleron hoxe o acto de sinatura entre a conselleira e os rexedores.

Neste sentido, a conselleira lembrou as dificultades coas que se atopan habitualmente os concellos á hora de obter financiamento para poder levar a cabo proxectos do seu interese. Por iso, e co fin de completar o actual Fondo de cooperación de rehabilitación —impulsado en 2017 e grazas ao cal xa se financiaron preto de medio cento de actuacións en 25 municipios por un total de 11 millóns de euros—, a Xunta porá en marcha o vindeiro ano un segundo programa de préstamos de apoio ás entidades locais.

Aínda que o funcionamento de ambos fondos será similar —préstamos sen xuros que se financiarán cos depósitos das fianzas do IGVS—, explicou que o obxectivo desta nova iniciativa será facilitar aos concellos a liquidez necesaria para promover ou comprar vivendas de nova construción dirixidas a alugueiro social. En todo caso, os detalles e requisitos a cumprir estableceranse unha vez saia a convocatoria, o próximo ano.

Na seguinte táboa especifícanse as actuacións de rehabilitación e conservación que se executarán con cargo aos convenios do Fondo de cooperación asinados hoxe:

CONCELLOACTUACIÓNIMPORTE PRÉSTAMO (€)
ABEGONDOAdquisición de vila colonial na finca Os Loureiros400.000
ARESProxecto básico centro sociocomunitario da familia273.073,06
Adecuación de local en Seselle con pista290.041,24
CERVOAdquisición de 10 vivendas unifamiliares adosadas para posterior rehabilitación188.694,83
Adquisición de dous bloques de vivendas en San Cibrao para posterior rehabilitación471.050,32
MASIDERehabilitación do colexio vello200.000
NOIARehabilitación integral do estaleiro de Hermida400.000
PONTEDEVAReforma de nave para centro de innovación empresarial no polígono de Trado75.000
RIBEIRAReconstrución e ampliación de inmoble na rúa Galicia nº 93 para destinalo a edificio administrativo, usos múltiples e biblioteca municipal893.736,64
SADARehabilitación de piscina municipal487.130,73
VILASANTARHumanización do contorno do cruceiro de Laxe40.745,22
  3.719.472,04

Relacionadas

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

A Xunta pon en valor o labor dos centros comerciais abertos e federacións de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración da IV...

O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da Galiza para...

0
O novo Decreto supón unha mellora na dirección das demandas históricas do BNG de Oleiros, mais é preciso garantir a protección do Monumento Natural...

A Praza dos Libros de Carballo bateu un novo récord ao superar os 1.700...

0
“De centeo de durmideiras”, de Rosalía Fernández Rial, foi o título máis vendido da plic! Hai dúas semanas estabamos a celebrar unha das mellores edicións...

Publicacións Relacionadas