HomeXunta de GaliciaA Xunta e a secretaria de Estado de Turismo supervisan os proxectos...

A Xunta e a secretaria de Estado de Turismo supervisan os proxectos europeos en materia turística que se executan en Galicia

- Anuncio -spot_img

O director de Turismo e Galicia, Xosé Merelles, participou esta mañá xunto con responsables da Secretaría de Estado de Turismo nunha das reunións de seguimento e supervisión da execución de programas europeos que se están a desenvolver en distintos puntos do territorio galego. Estas iniciativas están cofinanciadas pola Unión Europea, a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.

As reunións de traballo discorreron este luns e continuarán mañá martes cos equipos técnicos dos plans territoriais de desenvolvemento de destino de Muros-Noia; Condado Paradanta; Ribeira; Sanxenxo; A Guarda; Mar de Santiago; O Grove; Barbanza Arousa; Betanzos e Vigo.

Publicacións Relacionadas