A Xunta e a unión de profesionais e traballadores autónomos estudan colaborar para aproveitar as oportunidades do modelo de economía circular

Redacción

A Xunta de Galicia e a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA) estudarán vías de colaboración para aproveitar as oportunidades que xera a actual transición cara a un modelo de economía circular no que implicar a este sector como peza clave no eido medioambiental.

Así o acordaron o conselleiro de Medio Ambiente e Cambio Climático, Nicolás Vázquez Iglesias, e o presidente de UPTA, Eduardo Abad, nunha reunión que mantiveron esta mañá en Santiago de Compostela na que abordaron as posibilidades que ofrece para os traballadores por conta propia o actual contexto.

Nese senso, Nicolás Vázquez salientou o compromiso do Goberno galego por apoiar a todos os sectores neste proceso de transición no que a conservación e coidado do medio ambiente debe ir da man dun desenvolvemento sostible que permita mellorar a calidade de vida da cidadanía.

Comparte este artigo