Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A Xunta enxalza os emigrantes como os mellores embaixadores de Galicia no...

A Xunta enxalza os emigrantes como os mellores embaixadores de Galicia no Mundo

- Anuncio -
  • Coincidindo co Día de Galicia, José González asistirá ao acto do 45º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires, unha entidade que conta con máis de 9.000 socias e socios
  • Neste evento gardarase un minuto de silencio en memoria das vítimas do palangreiro Argos Georgia, afundido en augas arxentinas
  • Nos próximos días, o titular de Emprego, Comercio e Emigración manterá diferentes encontros institucionais con galegos residentes na Arxentina e no Uruguai para seguir estreitando lazos coa comunidade galega do exterior

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, inicia hoxe, coincidindo coa celebración do Día de Galicia, a viaxe institucional á Arxentina e ao Uruguai para seguir estreitando lazos coa comunidade galega do exterior. Deste xeito, o Goberno galego continúa traballando para afondar nas necesidades das galegas e os galegos no exterior e recoñecer o seu gran labor como embaixadores de Galicia no mundo.

Con ese fin, José González participará hoxe, xunto co delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, no acto do 45º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires e asinará no libro de honra da entidade. Ademais, durante o evento gardarase un minuto de silencio en memoria das vítimas do palangreiro Argos Georgia, afundido en augas arxentinas.

O conselleiro tamén terá a oportunidade de ver o cadro A derradeira lección do mestre, unha obra pictórica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que foi pintada no ano 1945 en Bos Aires e que forma parte dos fondos deste organismo.

O Centro Galicia de Bos Aires

O Centro Galicia de Bos Aires é unha comunidade galega creada en 1980 que ten máis de 9.400 socios e socias. A entidade -que conta co apoio da Xunta a través de diferentes programas de axudas e convenios de colaboración- está conformada por diversos grupos de baile, gaita, coro e teatro, escolas de música e baile tradicional galego, así como por numerosos equipos deportivos.

Durante a viaxe institucional do titular de Emprego, Comercio e Emigración están previstas diferentes visitas, actos e xuntanzas nas que o conselleiro estará acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, co gallo de fortalecer lazos e de que a comunidade galega no exterior coñeza a Estratexia Galicia Retorna coa que a Administración galega persegue acoller de volta aos que noutrora emigraron ou aos seus descendentes. Ademais, nestes encontros a Xunta tamén busca poñer en valor a contribución da emigración galega á preservación da cultura, a lingua e as tradicións máis alá das fronteiras de Galicia.

Relacionadas

A Xunta fai oficial a conversación da Escola de Cantería de Galicia nun Centro...

0
— O DOG publica o decreto co que a Consellería de Educación impulsa o centro, que suma catro novas titulacións e a contratación de...

Xosé Merelles loa o papel do Fesival Trece Roeis, que dinamiza a oferta turística...

0
O director de Turismo de Galicia visitou os espazos onde se desenvolve a cita que alcanza este ano a súa quinta edición co apoio...

Galicia situouse en xullo como o primeiro destino turístico do norte peninsular e o...

0
Os datos do INE feitos públicos hoxe constatan que a Comunidade galega destacou en volume de noites na totalidade dos establecementos de aloxamento O pasado...

O FICBueu volve contar coa colaboración da Xunta para unha nova edición con 15...

0
O certame de curtas de Bueu é unha das 10 citas cofinanciadas en 2024 pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da...

A Policía Autonómica realizou máis de 8.600 inspeccións e tramitou 1.600 denuncias relacionadas con...

0
A meirande parte da actividade centrouse na prevención e investigación de incendios forestais, con 7.755 inspeccións e 1.497 denunciasAdemais da loita contra o lume,...

A Xunta investiu máis de 2,6 millóns de euros na mellora da subministración de...

0
— As obras para incrementar a captación de auga do río Mandeo e optimizar a rede de abastecemento municipal benefician ás empresas da zona...

Publicacións Relacionadas