A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Lérez ao seu paso polo concello de Forcarei

adminON
Lectura mínima de 1
  • As tarefas céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos
  • Estas intervencións permiten a mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Lérez ao seu paso polo concello de Forcarei.

Estas tarefas desenvólvense nunha lonxitude de 267 metros, no percorrido deste río polos lugares de Espindo e A Ponte, na parroquia de San Martiño de Forcarei.

Os traballos céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e biomasa presente na canle para evitar atoamentos.

Unha vez finalizadas estas actuacións, o río Lérez quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas súas zonas de acceso e protección.

Estas intervencións permiten a mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

Comparte este artigo